10 de outubro de 2013


¡Un pouco de ironía, por favor!





Astrid Lindgren é o seu nome. Escritora sueca (1907-2002), coñecida por ter creado ese personaxe entrañable que ten feito pensar e rir a millóns de nenos e adultos en máis de sesenta linguas.

Pippilotta Delicatessa Windowshare Mackrelmint naceu, con nove anos, en 1945. Orfa de nai e filla do capitán de barco Efraín Calzaslargas, que foi o rei dos mares e hoxe é o rei dos caníbales, Pippi é o seu hipocorístico. Pippilotta, segundo o rei, era un nome demasiado longo.
Se tivera medrado, teríana cualificado como disfuncional, pero iso tenlle sen coidado.
Por agora, podemos chamala anarcoinfantil.
Porque mentres o seu pai percorre o mundo, ela vive soa, ou, por mellor dicir, vive cun cabalo, un mono e ningún adulto á vista, cousa que lle outorga moitísima liberdade.
Nin sequera ten que ir ao colexio, aínda que de cando en vez apareza por alí.
Imaxinativa (que nunca demasiado mentireira), valente (que non argalleira, incivil ou temeraria), incorruptible e leal, mais non sempre ecuánime, por fortuna Pippi é máis forte que calquera policía ou bandido do mundo.
E, aínda que ten unha pistola e unha espada, acostuma a administrar xustiza coas mans.


 

Pippi Calzaslargas
Astrid Lindgren
Blackie Books, Barcelona, 2012


Aquí podedes ver algunha das fazañas de Pippilotta.









Ningún comentario: