23 de outubro de 2013

LA NARANJA MECÁNICA


Esta película de culto do director Stanley Kubrick está baseada no libro homónimo deAnthony Burguess, que narra en primeira persoa as peripecias do adolescente protagonista, un rapaz que disfruta coa violencia e que acaba redimido grazas ao "tratamento Ludovico" ao que pide someterse durante a súa estancia na cadea.
A linguaxe que utiliza o protagonista é, no libro, unha mistura de fala xuvenil, dialecto dunha zona de Londres e ruso, polo que cómpre consultar a traducción que proporciona o propio Burguess.
A película sorprende pola estética, a simboloxía e o curioso tratamento da música clásica, en concreto a 9ª sinfonía de Beethoven, da que o adolescente era admirador.


Ningún comentario: