Ángela Ruiz Robles, nada en Villamarín, León en 1895 e finada en Ferrol o 27 de Outubro de 1975, mestra e inventora, precursora do libro electrónico.
Dirixiu a fabricación da Enciclopedia Mecánica no Parque de Artillería de Ferrol. Dende 2006, a Enciclopedia forma parte da Exposición do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) en Santiago de Compostela.
Estudou na Escola de Maxisterio de León (1915 - 1916). Foi docente e directora na Escola de Gordón (León) en 1917. Mestra en Santa Uxía de Mandía. Viviu en Ferrol entre 1928 - 1975, exercendo ao longo da súa vida como mestra en varios centros.
Esta inventora anticipou cos seus proxectos as prestacións e o deseño dos soportes de lectura actuais. O seu principal desexo era facilitar a aprendizaxe aos estudantes. Isto xunto co seu interese por educar dun xeito menos tradicional e máis interactivo, fixeron que ideara y levara á práctica un prototipo do "libro mecánico" emparentado cos actuais libros electrónicos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario