DEPARTAMENTO DE FÍSICA E QUÍMICA

FÍSICA DE PELÍCULA

Este blog é de Blog de Arturo Quirantes Sierra, Físico de la Universidad de Granada, e nel explica cuestións que aparecen en películas desde el punto de vista físico, e tamén fai mención de erros, inexactitudes e barbaridade científicas que aparecen tanto en películas como en noticias na prensa ou na televisión.
Tamén se dan explicacións sobre temas científicos de actualidade.


ASTRONOMÍA DESDE A BIBLIOTECA


Aquí van algunhas ligazóns para que vos DIVIRTADES paseando por algunhas novas que a Axencia Espacial dos EEUU nos proporciona.


2014, ANO INTERNACIONAL DA CRISTALOGRAFÍA (enlace)


"AS COVAS DE ACEIRO" de ISAAC ASIMOV

Isaac Asimov é probablemente o máis importante escritor de "sci-fi" ou ficción científica da Historia, o cal non é pouco dicir nun xénero no que tantos e tan grandes teñen dado á luz libros marabillosos.
Para fortuna de todos, xa é posible ler en galego un dos seus títulos referenciais, "The Caves of Steel", que o editor e tradutor Alejandro Tobar trasladou como "As covas de aceiro" para o selo que el mesmo dirixe: Huin e Munin.
Algún dos seus títulos sobre o ciclo da Fundación, as series robóticas ou as obras de imperialismo galáctico deben formar parte da biblioteca de lecturas de calquera galego cun mínimo de curiosidade por este tipo de narrativa.
Este libro, que agora traduce Tobar, é o primeiro no que a figura dos robots cobra importancia dentro do vastísimo (máis de medio milllar!) océano de títulos publicados por Asimóv.
As covas de aceiro é unha moi interesente parábola futurista sobred as difíciles relacións civilizacionais entre humanos terraqueos e extraterráqueos, pois estes últimos axúdanse de robotse, máis avanzados e con maior benestar social, miran por riba do ombreiro aos seus parentes pobres do planeta orixe. por tanto, nesta dirección a novela amósase como un relato crítico co conflito social e ofrece unha valiosa reflexión verbo do papel que unha comunidade robotizada pode chegar a crear.
Mestura a ficción científica cos códigos da novela policial, nunha xeo e cronolocalización que non se ensaiara ata entón para o xénero negro.
Mais As covas de aceiro é tamen un singular thrilller, pois mestura a ficción científica cos códigos da novela plicial, nunha xeo e cronolocalización que non se ensaiara ata entón para o xénero negro, cuns resultados, cómpre recoñecelo, tan inesperados coma positivos.
De Asimov hai tamén no mercado unha Viaxe or futuro e mais uns Amigos robots igualmente traducidos por Tobar.
(NOTA: esta reseña é un resume tomado da nova aparecida no xornal dixital Praza Pública: http://praza.gal/cultura/7796/o-inmenso-asimov/)



Ningún comentario: