As
claves do proxecto son:
1.
Ecolóxica
que
implica reutilización e reciclaxe.
2. Igualdade: as
mulleres na arte con Frida Kahlo, Sonia Delaunay, Maruja Mallo…
3.
Divulgación
da arte en clave feminina.
4.
XOGO:
compoñente LÚDICO para desenrolar a creatividade,
psicomotricidade e retentiva dos cativos/as de 3 a 6 anos.
5.
TÉCNICA:
acrílica.
6.
Traballo
en EQUIPO.
7. COMPOÑENTE SOCIAL: DOAZÓN a centros públicos (ao centro adscrito Santiago Apóstolo e Xixirei) para devolverlle algo a sociedade do que recibimos e compartir cos demais.
O proxecto estivo repartido en 13 equipos de 3 e algún de 4
alumnos/as, de 2º de Bacharelato de Artes, na materia de Técnicas Gráfico Plásticas, que escolleron as artistas para
reinterpretar. Despois veu a fase preparatoria das caixas cunha imprimación,
bosquexos e pasalos ao soporte, reinterpretar as obras escollidas coa técnica
do acrílico e, por último, darlle unha protección á obra. A temporalización foi
na 3ª Avaliación.
Cada equipo realizou unha breve memoria do proxecto .
Tamén houbo unha exposición no centro dos traballos
realizados.
PROXECTO COMPLETO: Berthe Morisot e Yayoi Kusama (Nerea Armán, Valentina e Marianna)
Yayoi kusama |
Berthe Morisot |
Ningún comentario:
Publicar un comentario