16 de outubro de 2013

75 ANIVERSARIO DE SUPERMAN

Superman foi o primeiro personaxe superheroe dos cómics e unha icona da cultura pop. Creado polo escritor estadounidense Jerry Siegel e o artista canadense Joe Shuster en 1932, véndenlloo en 1938, a Detective Comics, Inc. por 130 dólares. A primeira aventura do personaxe é publicada en Action Comics 1 (xuño de 1938). Co éxito das súas aventuras, Superman axudou a crear o xénero do superheroe .
Neste 2013 cúmprese o 75 aniversario da súa publicación.
A aparencia do personaxe é distintiva e icónica: un traxe azul, vermello e amarelo, cunha capa e un escudo de “S” estilizado no seu peito, escudo que se converteu nun símbolo da personaxe en todo tipo de medios de comunicación.
De Superman hai seriais de radio, programas de televisión, tiras periódicas, bonecos, videoxogos, películas y todo tipo de marchendising.
A historia orixinal de Superman relata que naceu co nome de Kal-El no planeta Krypton; o seu pai, o científico Jor-El, e a súa nai Lara Lor-Van, enviárono nunha nave espacial con destino á Terra cando era neno, momentos antes da destrución do seu planeta. Foi descuberto e adoptado por Jonathan Kent e Martha Kent, parella de granxeiros de Smallville, Kansas, que o criou co nome de Clark Kent e lle inculcaron un estrito código moral. O mozo Kent comenzou a amosar habelencias superhumanas, as mesmas que, ao chegar a súa madurez, decidiría usar para  beneficio da humanidade.

Ningún comentario: