29 de xaneiro de 2014

30 DE XANEIRO, DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA



O 30 de xaneiro conmemoraremos nos colexios e institutos, un ano máis, o DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA (DENIP), no 66 Aniversario da morte de Mahatma Gandhi. Este ano, este día, está dedicado a Nelson Mandela.
Rolihlahla Mandela, fillo dun xefe tribal Thembu, naceu nun pequeno pobo chamado Mvezo, no leste de Sudáfrica, o 18 de xullo de 1918. Foi a primeira persoa da súa familia en ir á escola. Unha profesora que non podía pronunciar "Rolihlahla" chamouno Nelson. Viaxou a Johannesburgo en 1941 para escapar dun matrimonio amañado. Alí forxou amizade con Walter Sisulu, quen lle conseguiu traballo no bufete de avogados de Witkin, Sidelsky e Eidelam. Tamén iniciou a súa actividade política, afiliándose ao Congreso Nacional Africano (CNA).
Conclúe a súa formación como avogado e, en 1952, con Oliver Tambo, estableceu o primeiro despacho xurídico negro de Sudáfrica, ofrecendo axuda a quen normalmente non tiña acceso á representación legal. Encabezou a facción máis violenta da oposición surafricana ao réxime do Apartheid. En 1958 contraeu matrimonio con Winnie Madikizela.
En 1962 foi arrestado e condenado por sabotaxe, ademais doutros cargos, a cadea perpetua. A maior parte dos máis de 27 anos que estivo no cárcere pasounos en Robben Island. Na cadea mudou de opinión no uso da violencia.
A comunidade internacional comezou a intensificar as sancións impostas en 1967 ao réxime do Apartheid de Sudáfrica. A presión produciu resultados e, en 1990, o presidente FW De Klerk levantou a proscrición ao CNA. Mandela foi liberado tras permanecer 27 anos na cadea. Ao ano seguinte foi elixido presidente do partido.
En 1993, Mandela e o presidente surafricano FW De Klerk recibiron en conxunto o Premio Nobel da Paz polos seus esforzos para estabilizar Sudáfrica. Ao aceptar o galardón, Mandela dixo: "Faremos todo o posible para contribuír á renovación do noso mundo". En 1994, por primeira vez na historia de Sudáfrica, todas as razas votaron nas eleccións democráticas. Mandela foi elixido presidente. Dirixíndose á multitude durante a súa toma de posesión o 10 de maio de 1994, dixo: "¡Deixemos que reine a liberdade. Deus bendiga África!". O maior problema de Mandela foi o déficit de vivendas para os pobres e o crecemento dos barrios marxinais.
O día do seu 80 aniversario, Mandela casou con Graça Machel, viúva do antigo presidente de Mozambique. Diagnosticóuselle cancro de próstata e iniciou un tratamento con radiación. En 2004 anunciou o seu retiro da vida pública.
En 2008, músicos, estrelas de cine e políticos participan nun concerto en homenaxe aos 90 anos de Mandela celebrado no Hyde Park de Londres. Dirixíndose á multitude, dixo: "É tempo de que novas mans leven as cargas, agora está nas vosas mans".
O ex presidente asistiu á cerimonia de clausura da Copa Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010. En xaneiro de 2011 foi hospitalizado para que se lle realizaran exames especiais". E o 5 de decembro do 2013 falece.

Ningún comentario: