E desexámosvos un Feliz Aninovo á Comunidade Educativa!
Blog sobre literatura, libros, películas e actividades da Biblioteca do I.E.S. de Sar en Santiago de Compostela. En galego, castelán, inglés e francés.
20 de decembro de 2013
Bo Nadal 2013
Felices Festas e Lecturas para todos dende o Equipo da Biblioteca!
E desexámosvos un Feliz Aninovo á Comunidade Educativa!
E desexámosvos un Feliz Aninovo á Comunidade Educativa!
16 de decembro de 2013
Viernes o los limbos del Pacífico / El rey de los Alisos/ Los meteoros
Autor: Michel Tournier
Editorial: Alfaguara
Idioma: Castelán
Páxinas: 977
“Venres ou os limbos do Pacífico” é unha sorprendente e extraordinaria novela cósmica de avatares.
O mito de Robinsón Crusoe en” Venres ou os limbos do Pacífico”, o amor e o nazismo no Rei dos Ameneiros, a escura relación entre irmáns xemelgos e a viaxe iniciática nos Meteoros, son os grandes temas desta cegadora triloxía narrativa.
No seu prólogo desta edición, Michel Tournier conclúe: "Un día haberá un estudante con lentes ou unha estudante con lentes de contacto abondo excéntricos e fisgóns como para desenterrar de debaixo do po das bibliotecas a ese novelista fráncés da segunda metade do século XX que se esforzaba por encarnar os mitos eternos en personaxes e historias do seu tempo. Dedícolles un sorriso a eses lectores improbables".
Editorial: Alfaguara
Idioma: Castelán
Páxinas: 977
“Venres ou os limbos do Pacífico” é unha sorprendente e extraordinaria novela cósmica de avatares.
O mito de Robinsón Crusoe en” Venres ou os limbos do Pacífico”, o amor e o nazismo no Rei dos Ameneiros, a escura relación entre irmáns xemelgos e a viaxe iniciática nos Meteoros, son os grandes temas desta cegadora triloxía narrativa.
No seu prólogo desta edición, Michel Tournier conclúe: "Un día haberá un estudante con lentes ou unha estudante con lentes de contacto abondo excéntricos e fisgóns como para desenterrar de debaixo do po das bibliotecas a ese novelista fráncés da segunda metade do século XX que se esforzaba por encarnar os mitos eternos en personaxes e historias do seu tempo. Dedícolles un sorriso a eses lectores improbables".
15 de decembro de 2013
REINTERPRETACIÓN DE PERAS E GRANADAS
Os alumnos de 2º de Artes de Técnicas Gráfico Plásticas tras interpretar o máis realista posible unha pera ou granada nas distintas técnicas secas practicadas na 1ª avaliación (lapis grafito, lapis grafito acuarelable, ceras, carboncillo, lapis de cores, rotuladores, pasteis, ...) puxeron a proba a súa imaxinación recreando estas froitas en distintos estilos e técnicas. Aquí poñemos unha pequena mostra.
9 de decembro de 2013
MÉLIÈS, PRECURSOR DO CINEMA EUROPEO
Georges Méliès (8 de decembro de 1861 – 21 de xaneiro de 1938) foi un ilusionista e cineasta francés famoso
por liderar moitas innovacións técnicas e narrativas nos inicios da cinematografía.
Méliès, un prolífico anovador no uso de efectos especiais, descubriu accidentalmente o stop trick en
1896 e foi un dos primeiros cineastas en empregar múltiples exposicións, a fotografía en lapso de tempo, as disolucións de imaxes e os fotogramas pintados á man. Grazas á súa habelencia
para manipular e transformar a realidade a través da cinematografía, Méliès é
recordado como un «mago do cinema». Dúas das súas películas máis famosas, Viaxe á Lúa (1902)
e A viaxe imposible (1904), narran viaxes estrañas, surreais e fantásticas,
inspiradas por Jules Verne, e están consideradas como as
películas máis importantes e influíntes do cinema de ciencia ficción. Méliès foi tamén un
pioneiro do cinema de terror co seu filme Le Manoir du Diable (1896).
5 de decembro de 2013
ANIMALIA
27 de novembro de 2013
¿BAILAMOS?
El primer vídeo de JAF Producciones.
El propósito de este vídeo es recordar a los padres sumergidos en una dinámica cultural de trabajo y consumo, que los niños son niños, y que deben jugar y disfrutar su niñez y apoyarlos en sus metas y sus sueños y, por supuesto, jugar con ellos. La obsesión por procurarles lo mejor, nos puede cegar y hacernos olvidar las cosas que dan sentido a nuestra vida, transmitiéndoselo también a ellos.
Licencia Creative Commons. Reconocimiento-NoComercial-CompartirIgual
CC BY-NC-SA
Cinco cuentos sobre Velázquez
Autores: Eliacer Cansino/ Joam Manuel Gisbert/ Xosé A. Neira Cruz/ Daniel Nesquens/ Xabier P. DoCampo.
Idioma: Castelán
Editorial: Oxford
Páxinas: 141
Cinco recoñecidos escritores recrean literariamente un cadro do pintor Diego Velázquez, e convérteno en pano de fondo de peripecias moi distintas.
No conto sobre o” Aguador de Sevilla” atopámonos cun mozo pintor atormentado. No da Sibila con tabula rasa, a un copista que recibirá o encargo máis sorprendente da súa vida. No das fiandeiras, o narrador reflexionará sobre o feito mesmo da escritura. Así ata cinco historias dunha gran calidade literaria que sorprenderán ao lector.
25 de novembro de 2013
25 DE NOVEMBRO (2013) , DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
2º de Bac. de Artes do IES de SAR |
2º de Bac. de Artes do IES de SAR |
2º de Bac. de Artes do IES de SAR |
2º de Bac. de Artes do IES de SAR |
2º de Bac. de Artes do IES de SAR |
2º de Bac. de Artes do IES de SAR |
1º da ESO do IES de SAR |
Perigoso retroceso
A violencia machista aumenta entre os mozos, mentres as novas tecnoloxías se converten nunha ferramenta de control .
Críase que o machismo era cousa dun pasado patriarcal e os estereotipos de xénero, unha rémora en fase de superación. Pero un estudo realizado por investigadores da Universidade Complutense puxo de relevo que están moi vivos entre os adolescentes e, o que é peor, medrando.
O 10,5% das rapazas de 14 a 19 anos recoñecen que foron maltratadas polos seus noivos, fronte ao 9,6% rexistrado polo mesmo estudo en 2010. Pero a enquisa revela tamén que moitas rapazas non identifican como maltrato condutas que evidentemente o son. Así, un 6,2% das rapazas din verse obrigadas a prácticas sexuais que non desexaban, un 14,6% foron ameazadas polas súas parellas ata sentir medo e un 23,2% foron insultadas e ridiculizadas.
Os estereotipos seguen tamén aí, cunha prevalencia que sorprende e que debería levarnos a preguntarnos que se está a facer mal na educación dos valores en España. Por exemplo, un preocupante 36,3% dos adolescentes pensa que os celos son unha expresión de amor, e o 11,7% dos rapaces cren que está ben que os homes saian con moitas rapazas, pero non ao revés. En case todos os apartados se observa un aumento respecto a 2010. Logo retrocedemos.
E nese retroceso, os novos machistas atoparon nas novas tecnoloxías, que tanto nos facilitan a vida e a comunicación, unha ferramenta para exercer o seu dominio. Unha de cada catro rapazas afirma que o seu noivo a controla a través do móbil. Hai moitas formas de facelo, dende a sutil "envíame un WhatsApp cando chegues", á moi intrusiva "faime un videochamada" ou "pon o localizador", signo inequívoco dunha obsesión por controlala que pode pagar cara.
O estudo revela ata que punto as rapazas seguen sendo vítimas dunha idea romántica do amor que as leva a confiar na súa parella ata o punto de darlle as súas claves de acceso ás redes ou enviarlle fotos que, cando a relación se torce, son utilizadas para martirizalas.
Está claro que a prevención da violencia de xénero debe empezar pola educación, pero non parece que a LOMCE a teña como prioridade. Unha materia que podería ser idónea para tratar esta cuestión, como Educación para a Cidadanía, desapareceu.
O ACENTO EL PAÍS20 NOV 2013 (traducido ao galego)
20 de novembro de 2013
PREMIO KALANDRAKA A MARIANA RUÍZ JOHNSON
O pasado xoves 7 de novembro asistimos a conferencia da gañadora do VI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, na súa edición de 2013, que convoca anualmente o Concello de Santiago (representado por Beatriz Varela), xunto coa editorial Kalandraka (representada por Xosé Ballesteros).
Este ano recaeu en Mariana Ruiz Johnson, nada en Buenos Aires en 1984, coa obra Mamá,como autora integral das ilustracións e texto.
Á conferencia asistiu alumnado de 1º e 2º curso de bacharelato de Artes.
A creadora do libro fíxonos un percorrido polos seus comezos. Asistiu dous anos ao taller de literatura infantil e xuvenil de Susana Cazenave. No ano 2005 formouse como ilustradora na escola de arte Sótano Blanco co mestre José Sanabria.
Tamén estudou cos ilustradores Saúl Óscar Rojas, Claudia
Legnazzi e "workshops" en Italia cos ilustradores Svetlan Junacovic (Sarmade Escola de Ilustración) e Gianni de Conno (Mimaster Illustrazione, Milán).
Na actualidade coordina o taller de ilustración infantil Procesos creativos na escola de arte Sótano Blanco e seminarios de técnicas. Está cursando as últimas materias da Licenciatura en Artes Visuais na IUNA.
Mariana ofreceunos logo un repaso polo proceso de creación deste libro e por outros anteriores como Los Colores y yo, Irupé y Yaguareté (
finalista no premio do Fondo de Cultura Económica), J`ai un ours... Nos primeiros tempos, as ilustracións traballábaas con técnicas tradicionais (acuarela, rotulador,...), máis tarde con técnicas mixtas e, por último, con dixitais, debido a factores externos como o nacemento do seu fillo que foi a orixe do libro premiado.
O alumnado estivo atento e preguntoulle aquelas cousas que lle chamaron a atención ou as saídas da
súa profesión. Mariana sempre disposta e próxima respondeulle moi sincera, aconsellándolle que traballasen, que non renunciasen aos seus soños e que se presentasen aos concursos.
Na obra Mamá o xurado destacou "a vitalidade, a forza e o manexo da cor dun libro que traballa un
tema universal e especialmente próximo ao mundo da infancia "E tamén eloxiou " o pequeno e logrado
homenaxe que fai a grandes figuras da historia da pintura como Frida Khalo ou Paul Klee.
Moitos parabéns!. E que non deixe de crear libros tan fermosos.
Entrega do premio no blog de Kalandraka
Actividade no I.E.S. de Sar no blog de Kalandraka
15 de novembro de 2013
MIGUELANXO PRADO, PREMIO NACIONAL DE CÓMIC 2012
A cultura galega recibe un recoñecemento máis polo talento dos seus artistas.
Miguelanxo Prado (A Coruña, 1958) acada, con Ardalén, o Premio Nacional de Cómic 2012.
Publicado en galego pola editora compostelá El patito editorial, tedes noticia deste fallo no enlace do diario EL PAIS
13 de novembro de 2013
MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO, PREMIO NACIONAL DE POESÍA 2013
Por primeira vez na historia da literatura galega, recae nun libro de poesía escrito na nosa lingua o Premio Nacional de Poesía que concede anualmente o Ministerio de Educación e Cultura.
Manuel Álvarez Torneiro é un deses escritores que prefiren vivir afastados das luces mediáticas da literatura para traballar con discreción dende a altura dos seus 81 anos.
Xa nas súas orixes como escritor daba a entender que non sería un autor que pretendera o éxito doado nin o recoñecemento unánime.
Publica o seu primeiro libro con 50 anos, Memoria dun silencio (1982), salientando nel toda a crítica literaria os moitos méritos que atesouraba a súa voz, e que habían ir dando froitos nas tres décadas posteriores.
Con Os ángulos da brasa (2012) recibe un recoñecemento que nunca antes tiña recibido un libro de poesía escrito en galego, aínda que as nosas letras xa tiñan sido prestixiadas con este premio nos nomes de Manuel Rivas, Suso de Toro e Alfredo Conde no xénero narrativo.
OS PRODUCTOS DO OUTONO
As formas redondeadas e alongadas invadiron o noso centro con cores sanguina, terras, laranxas e tamén en grises coas técnicas secas de grafito, carbón, sanguina, cretas... Os alumnos/as de 2º de Bacharelato de Artes interpretaron deste xeito estas formas tan suxerentes.
Tamén podemos elaborar moitos pratos con estes produtos como cremas de cabaza, puré de castaña, pastel de castañas...Deste xeito saboreamos un pouco o outono.
Etiquetas:
Arte,
Técnicas Gráfico Plásticas
Ubicación: Santiago de Compostela
Fawn Creek, Kansas, EE. UU.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)