Georges Méliès (8 de decembro de 1861 – 21 de xaneiro de 1938) foi un ilusionista e cineasta francés famoso
por liderar moitas innovacións técnicas e narrativas nos inicios da cinematografía.
Méliès, un prolífico anovador no uso de efectos especiais, descubriu accidentalmente o stop trick en
1896 e foi un dos primeiros cineastas en empregar múltiples exposicións, a fotografía en lapso de tempo, as disolucións de imaxes e os fotogramas pintados á man. Grazas á súa habelencia
para manipular e transformar a realidade a través da cinematografía, Méliès é
recordado como un «mago do cinema». Dúas das súas películas máis famosas, Viaxe á Lúa (1902)
e A viaxe imposible (1904), narran viaxes estrañas, surreais e fantásticas,
inspiradas por Jules Verne, e están consideradas como as
películas máis importantes e influíntes do cinema de ciencia ficción. Méliès foi tamén un
pioneiro do cinema de terror co seu filme Le Manoir du Diable (1896).
Ningún comentario:
Publicar un comentario