O pasado xoves 7 de novembro asistimos a conferencia da gañadora do VI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, na súa edición de 2013, que convoca anualmente o Concello de Santiago (representado por Beatriz Varela), xunto coa editorial Kalandraka (representada por Xosé Ballesteros).
Este ano recaeu en Mariana Ruiz Johnson, nada en Buenos Aires en 1984, coa obra Mamá,como autora integral das ilustracións e texto.
Á conferencia asistiu alumnado de 1º e 2º curso de bacharelato de Artes.
A creadora do libro fíxonos un percorrido polos seus comezos. Asistiu dous anos ao taller de literatura infantil e xuvenil de Susana Cazenave. No ano 2005 formouse como ilustradora na escola de arte Sótano Blanco co mestre José Sanabria.
Tamén estudou cos ilustradores Saúl Óscar Rojas, Claudia
Legnazzi e "workshops" en Italia cos ilustradores Svetlan Junacovic (Sarmade Escola de Ilustración) e Gianni de Conno (Mimaster Illustrazione, Milán).
Na actualidade coordina o taller de ilustración infantil Procesos creativos na escola de arte Sótano Blanco e seminarios de técnicas. Está cursando as últimas materias da Licenciatura en Artes Visuais na IUNA.
Mariana ofreceunos logo un repaso polo proceso de creación deste libro e por outros anteriores como Los Colores y yo, Irupé y Yaguareté (
finalista no premio do Fondo de Cultura Económica), J`ai un ours... Nos primeiros tempos, as ilustracións traballábaas con técnicas tradicionais (acuarela, rotulador,...), máis tarde con técnicas mixtas e, por último, con dixitais, debido a factores externos como o nacemento do seu fillo que foi a orixe do libro premiado.
O alumnado estivo atento e preguntoulle aquelas cousas que lle chamaron a atención ou as saídas da
súa profesión. Mariana sempre disposta e próxima respondeulle moi sincera, aconsellándolle que traballasen, que non renunciasen aos seus soños e que se presentasen aos concursos.
Na obra Mamá o xurado destacou "a vitalidade, a forza e o manexo da cor dun libro que traballa un
tema universal e especialmente próximo ao mundo da infancia "E tamén eloxiou " o pequeno e logrado
homenaxe que fai a grandes figuras da historia da pintura como Frida Khalo ou Paul Klee.
Moitos parabéns!. E que non deixe de crear libros tan fermosos.
Entrega do premio no blog de Kalandraka
Actividade no I.E.S. de Sar no blog de Kalandraka
Ningún comentario:
Publicar un comentario