Blog sobre literatura, libros, películas e actividades da Biblioteca do I.E.S. de Sar en Santiago de Compostela. En galego, castelán, inglés e francés.
27 de novembro de 2013
Cinco cuentos sobre Velázquez
Autores: Eliacer Cansino/ Joam Manuel Gisbert/ Xosé A. Neira Cruz/ Daniel Nesquens/ Xabier P. DoCampo.
Idioma: Castelán
Editorial: Oxford
Páxinas: 141
Cinco recoñecidos escritores recrean literariamente un cadro do pintor Diego Velázquez, e convérteno en pano de fondo de peripecias moi distintas.
No conto sobre o” Aguador de Sevilla” atopámonos cun mozo pintor atormentado. No da Sibila con tabula rasa, a un copista que recibirá o encargo máis sorprendente da súa vida. No das fiandeiras, o narrador reflexionará sobre o feito mesmo da escritura. Así ata cinco historias dunha gran calidade literaria que sorprenderán ao lector.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario