25 de novembro de 2013

25 DE NOVEMBRO (2013) , DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

2º de Bac. de Artes do IES de SAR


2º de Bac. de Artes do IES de SAR

2º de Bac. de Artes do IES de SAR

2º de Bac. de Artes do IES de SAR

2º de Bac. de Artes do IES de SAR

2º de Bac. de Artes do IES de SAR

1º da ESO do IES de SAR

Perigoso retroceso
A violencia machista aumenta entre os mozos, mentres as novas tecnoloxías se converten nunha ferramenta de control .
Críase que o machismo era cousa dun pasado patriarcal e os estereotipos de xénero, unha rémora en fase de superación. Pero un estudo realizado por investigadores da Universidade Complutense puxo de relevo que están moi vivos entre os adolescentes e, o que é peor, medrando.
O 10,5% das rapazas de 14 a 19 anos recoñecen que foron maltratadas polos seus noivos, fronte ao 9,6% rexistrado polo mesmo estudo en 2010. Pero a enquisa revela tamén que moitas rapazas non identifican como maltrato condutas que evidentemente o son. Así, un 6,2% das rapazas din verse obrigadas a prácticas sexuais que non desexaban, un 14,6% foron ameazadas polas súas parellas ata sentir medo e un 23,2% foron insultadas e ridiculizadas.
Os estereotipos seguen tamén aí, cunha prevalencia que sorprende e que debería levarnos a preguntarnos que se está a facer mal na educación dos valores en España. Por exemplo, un preocupante 36,3% dos adolescentes pensa que os celos son unha expresión de amor, e o 11,7% dos rapaces cren que está ben que os homes saian con moitas rapazas, pero non ao revés. En case todos os apartados se observa un aumento respecto a 2010. Logo retrocedemos.
E nese retroceso, os novos machistas atoparon nas novas tecnoloxías, que tanto nos facilitan a vida e a comunicación, unha ferramenta para exercer o seu dominio. Unha de cada catro rapazas afirma que o seu noivo a controla a través do móbil. Hai moitas formas de facelo, dende a sutil "envíame un WhatsApp cando chegues", á moi intrusiva "faime un videochamada" ou "pon o localizador", signo inequívoco dunha obsesión por controlala que pode pagar cara.
O estudo revela ata que punto as rapazas seguen sendo vítimas dunha idea romántica do amor que as leva a confiar na súa parella ata o punto de darlle as súas claves de acceso ás redes ou enviarlle fotos que, cando a relación se torce, son utilizadas para martirizalas.
Está claro que a prevención da violencia de xénero debe empezar pola educación, pero non parece que a LOMCE a teña como prioridade. Unha materia que podería ser idónea para tratar esta cuestión, como Educación para a Cidadanía, desapareceu.

O ACENTO EL PAÍS20 NOV 2013 (traducido ao galego)

Ningún comentario: