Por primeira vez na historia da literatura galega, recae nun libro de poesía escrito na nosa lingua o Premio Nacional de Poesía que concede anualmente o Ministerio de Educación e Cultura.
Manuel Álvarez Torneiro é un deses escritores que prefiren vivir afastados das luces mediáticas da literatura para traballar con discreción dende a altura dos seus 81 anos.
Xa nas súas orixes como escritor daba a entender que non sería un autor que pretendera o éxito doado nin o recoñecemento unánime.
Publica o seu primeiro libro con 50 anos, Memoria dun silencio (1982), salientando nel toda a crítica literaria os moitos méritos que atesouraba a súa voz, e que habían ir dando froitos nas tres décadas posteriores.
Con Os ángulos da brasa (2012) recibe un recoñecemento que nunca antes tiña recibido un libro de poesía escrito en galego, aínda que as nosas letras xa tiñan sido prestixiadas con este premio nos nomes de Manuel Rivas, Suso de Toro e Alfredo Conde no xénero narrativo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario