7 de febreiro de 2014

AS MODESTAS PRANCHAS

As orixes da prancha son remotas. No s. IV a.C., os gregos usaban unha barra de ferro cilíndrica quentada, parecida a un rolo de amasar, que se pasaba sobre as roupas de liño para marcar os pregues. Dous séculos máis tarde, os romanos xa pasaban o ferro e pregaban cun mazo plano, metálico, que literalmente martelaba as engurras.
Tamén as empregaban os chineses no século IV para alisar a seda.Tratábase duns recipientes de latón con mango, no interior dos cales colocábase unha cantidade de brasas con cuxo calor se quitaban as engurras do tecido. Despois, houbo pranchas de pedra, de mármore, de vidro, ocas que levaban carbón quente no seu interior e de metal, que se quentaban nun fogón... O 6 de xuño de 1882, o estadounidense Henry W. Seely inventou e patentou a primeira prancha eléctrica, aínda que nese momento non estaban instaladas as redes eléctricas nos fogares. En 1924, Joseph W. Myers inventou a prancha eléctrica de termóstato.Os alumnos/as do IES de SAR de 2º de BACH.de Artes (2013-14) na materia de Técnicas Gráfico Plásticas fixeron as seguintes interpretacións con técnicas secas e collage.













3 de febreiro de 2014

2014, Ano Internacional da Cristalografía

A cristalografía é moito máis que a descrición que toman os corpos ao cristalizar. Trátase dunha ciencia que estuda as estruturas cristalinas, fundamental na química, na física, na bioloxía, na mineraloxía, etc. Debido á súa importancia, a UNESCO nomeou o 2014 como o Ano Internacional da Cristalografía e celébrase o 6 de xuño desde ano, data escollida por polo centenario do nacemento da institución. 


Para ler máis:

Artigo da revista MUY Interesante

Artigo de Wikipedia


Xulia Placer Dalama, 2º Bacharelato de Ciencias do IES de Sar

O NOSO COMENIUS: BIODIVERSITY OF RIVERS

O IES de Sar participa no Comenius Biodiversity of Rivers xunto con Polonia, Turquía, Chipre, Romanía, Francia e Portugal.
No mes de decembro participamos no Concurso de deseño de logos para este proxecto bianual (2013-2015), resultando gañadoras do mesmo as nosas alumnas Carla Bautis (1º premio) e Alba Rodríguez (2º premio).

Carla Bautís

Alba Rodríguez

2 de febreiro de 2014

EXPOSICIÓN DA PAZ NO IES DE SAR (2014)

Este ano os alumnos/as do IES de SAR interpretaron pombas, as figuras de Gandhi e de Nelson Mandela,a quen estaba adicado este ano o día da Paz, para celebrar o 30 de xaneiro.As técnicas usadas foron as de acuarela con sal, con film transparente, gotas sopladas, salpicados, gotas verticais, falso gravado, tintas, témperas, reservas...














A PAISAXE CON CERAS



Na 2ª avaliación o alumnado de 2º de Artes practicou coa temática da paisaxe as tres técnicas especiais das ceras como son a cera augarrasada, derretida ou esgrafiada.Cada alumno/a escolleu a paisaxe que desexaba interpretar.










ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA NO DÍA DA PAZ

Os alumnos de 3º ESO A (Sección bilingüe) fixeron unha interpretación da canción "Día da Paz", en versión trilingüe, con aprendizaxe rítmica a través da percusión.. A dirección correu a cargo de Marion Le Tilly, Auxiliar de Conversa de Lingua Francesa.
Tamén  se fixo lectura das obras presentadas ao Concurso de Poesía.