Amosando publicacións coa etiqueta Colaboración dos Profesores/as. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Colaboración dos Profesores/as. Amosar todas as publicacións

20 de abril de 2015

O Corpo humano a través das Señoritas D´Avignon

El pasado 23 de Marzo tuvo lugar la inauguración de la exposición: “O Corpo humano a través das Señoritas de D′Avignon” en el Centro sociocultural y juvenil "O Ensanche", en Frei Rosendo Salvado de Santiago de Compostela.
Organizada por el Departamento de Dibujo del IES de Sar y el Departamento de Xuventude del Ayuntamiento de Santiago. Dicha exposición presenta trabajos realizados por alumnado del Bachillerato de Artes durante el curso “Introdución á figura humana a través das Señoritas de D′Avignon” impartido por Xoti de Luis.
En el acto de inauguración se hizo entrega de un diploma acreditativo expedido por el Ilmo. Concello de Santiago de Compostela a los participantes:
Aitor Álvarez Hermida
Alicia Calviño García
Esperanza García Ponte
Julia Leis Lap
Tamara Pena Varela
Álvaro Ramos García
Javier Santos Ferreiro
Isabel Ventura Louro
María de la Fuente Seoane

Invitación a la exposición
Recorte de la reseña en La Voz











11 de decembro de 2014

O "Proxecto europeo COMENIUS" no noso centro


Do 27 ao 31 de outubro deste ano 2014 celebrouse no noso centro a cuarta reunión de traballo-convivencia do proxecto europeo Comenius “Biodiversity of Rivers”, que o IES de SAR xunto con outros seis centros de secundaria de Turquía, Portugal, Rumanía, Francia, Chipre e Polonia están a desenvolver durante os cursos 213-14 e 2014-15.

Durante o día 27 de outubro estiveron chegando os alumn@s e profesor@s dos centros visitantes sendo recibidos polas familias do alumnado correspondente e por profesores e profesoras que colaboran neste proxecto do noso centro.

Ás nove da mañá do día 28 comezou a recepción no salón de actos, onde tivo lugar o acto de apertura da reunión coa participación do Director de Innovación Educativa e Formación Profesional, D. Manual Corredoiras, A Inspectora do Centro e a directora do IES de SAR.

Nesta foto amósase o saúdo de benvida ás escolas europeas socias por parte do alumnado participante xunto con algúns dos profesores do IES de SAR implicados no proxecto.


Acto seguido e tras un breve pero maravilloso agasallo musical de música tradicional galega interpretada coa gaita e pandereta por dous alumn@s  da ESO, procedeuse á sesión de exposicións das diferentes presentacións relacionadas todas eles coa biodiversidade presente nos ríos, con especial mención á fauna e flora a nivel macroscópico, destacando a gran calidade dos traballos realizados dos diferentes países. De seguido, os profesoras e profesoras participantes na reunión avaliaron as tarefas realizadas e planificaron as vindeiras reunións en Portugal e Illa Reunión. Despois do xantar nun restaurante de sona ben gañada en especialidades culinarias galegas no casco antigo da cidade, os profesores e profesoras disfrutamosdun paseo polo lo centro da zona monumental que rodea á catedral, mentres que o alumnado practicou actividades deportivas nas instalacións do centro.


O día vinte e nove adicouse a realizar unha excursión guiada á xoia do bosque atlántico caducifolio remanente en Europa, as Fragas do Eume. A paisaxe espectacular desta foresta amosa perfectamente como en ningún outro sitio de Galicia os tres estratos de vexetación dos ríos, o arbóreo, os xuncos e plantas da ribeira, e as plantas acuáticas e do leito do río. Entre a enorme biodiversidade de especies destacan especialmente varias especies de fentos relictos de máis de dous millóns de anos de antigüidade como Davallia canariensis, Culcita macrocarpa e Wodwardia radicans.


A escalada rematounomosteiro románico de Santa Cruzdo século XII, hoxe perfectamente restaurado.


O día completouse cunha excelente comida na centro de Formación Profesional con ciclo de Hostelería de Pontedeume e coa visita ao castelo de Santa Cruz en Oleiros, construído no século XVI para defender a cidade da Coruña do corsario Francis Drake.
O terceiro día fíxoso a segunda das excursións programadas, neste caso ao espectacular Parque Natural de Corrubedo, un dos mellores complexos intermareais de Galicia, counha gran duna, dúas lagoas e zonas de marismas, e a zona boscosa colindante con predominio de piñeiro marítimo. Pola mañá, despois de visitar o centro de recepción de visitantes poidemos ver un magnífico documental con información sobre a orixe das Rías e a súa biodiversidade, asi como sobre o entorno físico e a etnografía da área de Corrubedo. De seguido, e atravesando o bosque de Pinus pinaster observamos unha mámoa celta na mesma praia do Vilar para finalmente acceder á lagoa de Vixán, con auga doce aportada polo río amendo. Nesta foto pódese ver a lagoa de Vixán e ao fondo o pobo de Corrubedo.


O xantar do mediodía resultou ser unha maravillosa experiencia degustando empanada galega en tres especialidades, tortilla de pataca e outras lindezas da nosa gastronomía e todo baixo a sombra dos piñeiros, o que facilitou unha sobremesa e convivencia moi enriquecedora. Aproveitando as boas condicións climatolóxicas, pola tarde achegámonos ata as inmediacións da gran duna existente no parque e á lagoa de Carregal, xa con augas salobres, que nos amosou en marea baixa unha estampa de paraíso co océano Atlántico na lonxanía da ancha praia. Polas verbas dos estudantes e profesor@s estranxeiros estas imaxes quedarán no recordo como paraje fermoso a volver a visitar.


Pola noite, no restaurante Monte da Condesa celebrouse a cea-festival de despedida na que se entregaron os certificados a todos os participantes nestes días de confraternización e traballo do proxecto. Foron uns momentos felices nos que, entre uns pasos de baile e sorteo de agasallos, se poideron afondar os lazos de amizade entre todos os concurrentes.


20 de novembro de 2014

PAPEL MARMORADO


Os papeis á auga, papeis marmorados ou marbled papers, son unha variedade de papeis tinxidos, decorados con formas que semellan vetas naturais do mármore e outras formas arbitrarias, obtidas colocando o papel sobre a pintura que se dispuxo sobre a superficie da auga nunha cubeta, espesada con agar-agar ou outro produto parecido. As pinturas utilizadas soían ser acuarela ou gouache e a auga espesábase ata facer unha xelatina para que a pintura non se disolvera, mantendo así as formas que se van obtendo ao depositalas na súa superficie, manipulándoas con punzóns, peites... O papel deposítase sobre esta superficie coloreada, previamente tratado con algún producto que lle proporciona mordente, facilitando a absorción uniforme da capa de cor: humectantes, fel de boi, óleo, trementina e outros productos.
O papel marmolado vén de Xapón. No século IX utilizábase o "suminagashi", papel decorado con axuda de tintas depositadas na auga. Servía de soporte á caligrafía, aos poemas e logo aos documentos oficiais.
De Asia pasa a Turquía, onde coñece un novo pulo. As cores fan a súa aparición. Son aínda frouxas pero variadas. O papel marmolado chega a Occidente no s. XVII: a Italia, Alemaña, Inglaterra e, grazas aos intercambios comerciais, instálase en toda Europa.
Existen diferentes técnicas para a fabricación do papel marmolado. A máis simple consiste en facer aboiar tintas con base de aceite sobre auga. A tradición di que esta técnica fora inventada no século XVII por Mace Ruette, encadernador oficial do rei Luís XVIII, ao querer obter papel que se parecera ao mármore de onde deriva o seu nome.
Nos séculos que seguiron, esta técnica de decoración foi moi popular en Europa e era considerada como unha arte complementaria á da encadernación.
Os alumnos/as de 2º Bach.de Artes experimentaron con esta técnica, e logo de probar distintas fórmulas, a máis exitosa foi a de pintura ao óleo con augarrás. Tamén probaron a da pintura acrílica con fel de boi, que sempre queda con menos carga a pintura. Os papeis usados foron cartolinas, papel basik, medias tintas, acuarela...
Estes papeis convertíronse en portada e contraportada de pequenas libretas de notas que se entregaron como agasallo para os centros participantes no Proxecto do Comenius Biodiversity of Rivers do IES de Sar 2013/15, que nesta ocasión chegaron de Chipre, Polonia, Romanía, Turquía, Portugal e Illa de Francia.

Nestes enlaces pódese ampliar a información
Art of the Marbler

Ebru Art @ American Islamic College

Artimañas blog: Papel al agua


27 de xaneiro de 2014

O IMPOSSÍVEL ACONTECE

O DIA 24 de maio de 2013 de 12:57-14:30 HORAS

um imprevisto eclipse das aulas abriu passo a estranhos seres

que se apoderaram dos CORREDORES e PÁTIO do SAR

porque mesmo

‘O IMPOSSÍVEL ACONTECE’


Cadáveres ambulantes, corpos inanimados revividos pela arte da bruxaria,

vagueando no Centro,

criaturas dadas por mortas, desenterradas, descontrolando-se

dos poderosos feiticeiros,

identificad@s como ZUMBIS FILOSÓFICOS

hipotéticas pessoas sem consciência plena

com a biologia ou comportamento de humanos normais

invadiram-nos

REBELDES defendendo o impossível

 pese a sofrer, levantando-se contra as injustiças

inventando novas possibilidades ainda em ínfimos atos,

mostrando seu espírito livre,

sabendo que quem fala que algo distinto é impossível

o diz para lograr nossa submissão




12 de maio de 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

O enfoque do noso traballo con respecto a Roberto V. Bolaño foi dende o punto de vista visual  dun tratamento da imaxe plana cun aire entre pop e do mundo do cómic.
Ao ser un escritor teatral o plantexamento do deseño  dos carteis semella un escenario que lle da continuidade e é o fío condutor.
O noso propósito dende o inicio era non sobrecargar os carteis con demasiados datos e darlle un toque humorístico e irónico ás imaxes.

EQUIPO : <ESCRITOR ESCÉNICO>

Coordinadora:
Romay Calvo, Carmen

Autoría:
Alvaredo Serrano, Elena
Dono Caramés, Adrián
Guerra Méndez, Manuel
Losada Dorado, Iván
Ponte Álvarez, José Manuel
Romay Calvo, Carmen

Ilustracións:
Astray Piñeiro, María (fondo guía)
Placer Dalama, María (portada guía)
Rodríguez López, Lía (RVB guía)

Centro Educativo:
I.E.S de Sar de Santiago de Compostela


GUÍA DIDÁCTICA



CARTEIS

23 de abril de 2013

LECER CERVANTINO




 Con motivo do día do libro adicamos o primeiro lecer á lectura na biblioteca dun capípulo de "El ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha"




 "...El mozo se quitó la montera, y sacudiendo la cabeza a una y otra parte se comenzaron a descoger y desparcir unos cabellos que pudieran los del sol tenerles envidia. Con esto conocieron que el que parecía labrador era mujer, y delicada, y aun la más hermosa que hasta entonces los ojos de los dos habían visto, y aun los de Cardenio, si no hubieran mirado y conocido a Luscinda, que después afirmó que sola la belleza de Luscinda podía contender con aquella.

"...No hubo bien nombrado a don Fernando la que el cuento contaba, cuando a Cardenio se le mudó la color del rostro y comenzó a trasudar con tan grande alteración, que el cura y el barbero, que miraron en ello, temieron que le venía aquel accidente de locura..."



LECER ROSALIANO

...E no 2º lecer limos un poema de Rosalía extraído de "Cantares galegos"


 
"Miña Santiña,
  miña santasa,
  miña cariña
  de calabasa:
  hei de emprestarvos
  os meus pendentes,
  hei de emprestarvos
  o meu collar;
  hei de emprestarcho,
  cara bonita,
  si me deprendes
  a puntear..."


 " -Costureiriña
comprimenteira,
sacha no campo,
malla na eira,
lava no río,
vai apañar
toxiños secos
antre o pinar.
Así a meniña
traballadora
os punteados
deprende ora..".





  -¡Ai, qué Santasa!
¡Ai, qué Santona!
Ollos de meiga,
cara de mona,
   pór n'hei de pórche
os meus pendentes,
pór n'hei de pórche
o meu collar,
   xa que non queres,
xa que non sabes
adeprenderme
a puntear.

13 de abril de 2013

Proxecto sobre xerminación de plantas aromáticas e medicinais


O grupo de Diversificación de terceiro da ESO do IES de Sar está a desenvolver na materia Ámbito Científico un proxecto sobre xerminación e cultivo de 23 tipos de plantas aromáticas e medicinais, proxecto promocionado pola fundación Barrié, no marco da sección desta fundación coñecido como Educabarrié.
No proxecto estúdanse especies moi apreciadas en Galicia polas súas esencias aromáticas e polas súas propiedadess culinarias e medicinais. Ao longo dos meses que restan para rematar o curso académico desenvolveremos as seguintes fases do traballo:
1ª.- Na primeira fase, na que nos atopamos nestes días, estamos a cultivar nun pequeño viveiro situado no laboratorio de Bioloxía as sementes, empregando, por una banda, os vasos e substrato proporcionados por Educabarrié e, por outra banda, tetrabriks reciclados e substrato comprado grazas á subvención da ANPA do centro. Aproveitamos para analizar o pH distinto dos dous tipos de medio, o que nos servirá para comparar a súa mellor condición para o cultivo das diferentes sementes. Os datos obtidos ata a fecha enviáronse á fundación Educabarrié nun informe de seguimento inicial. Nestes días xa podemos ver como comezar a brotar moitas das sementes, como se observa nas imaxes seguintes:
2ª.- Na segunda fase, estudaranse as características formolóxicas das diferentes especies coa axuda da web da fundación Barrie onde figuran todas as especies cultivadas coas súas características e detalles do seu cultivo e recolección, servíndonos para tentar de identificalas coa axuda dos códigos QR. Finalmente, comprobarase o grao de acerto na correspondente táboa dos nomes de cada especie.

3ª.- Na terceira fase, plantaranse as especies en parterres de terra preparados adecuadamente polo xardiñeiro do centro. Nesta fase colaborarán tamén alumnos e alumnas de primeiro da ESO. A plantación tanto destas especies como dunha serie de árbores e arbustos nas partes verdes do centro ven facilitada polas ferramentas e material aportado pola Dirección do centro, especies arbóreas e arbustivas aportadas pola concellería de Medio Ambiente do concello de Santiago, e todo o material, plantas e instrumental de laboratorio proporcionados pola ANPA do centro. Tamén agradecemos a aportación de plantas da profesora María Xosé Molina. As diferentes especies rotularanse para o que o alumnado de diversificación de terceiro está a elaborar as correspondentes fichas informativas, mentres que a profesora Pilar González de Tecnoloxía proporcionará os soportes para estes carteis.

4ª.- Na cuarta fase faremos..... ben isto é un segredo de momento. A ver se ao final deste curso o podemos desvelar.  Algo de paciencia....

Co axadinamento do centro e co estudo destas plantas aromáticas pretendemos fundamentalmente:

-  TER UN CENTRO MÁIS AMIGABLE E ACORDE CO NOSO MEDIO NATURAL.
- ACHEGÁRMONOS ÁS NOSAS TRADICIÓNS NO USO CULINARIO E MEDICINAL DESTAS XOIAS DA NATUREZA QUE SON AS PLANTAS AROMÁTICAS.

25 de marzo de 2013

ENTRE VIÑETAS

Ilustración: Miguel Ángel Vigo Baleirón

Da colaboración entre a Concellaría de Xuventude do Concello de Santiago e o IES de Sar xurde unha exposición que recolle o bo facer do alumnado do Centro.

Froito do traballo de varios meses e baixo a dirección de Miguel Ángel Vigo Baleirón, un grupo de xóvenes artistas (alumnos do Bacharelato Artístico do IES de Sar) asistiron a unha actividade formativa, obtendo como resultado unha mostra coas diferentes pezas resultantes.
No curso pretendíase unha aproximación ao mundo da banda deseñanda a través do emprego de diferentes técnicas, da visión e estudo dos diferentes autores, estilos dos debuxantes, técnicas narrativas, co resultado da elaboración dun cómic por parte de cada alumno.


Estas son algunhas imaxes da inauguración desta exposición que leva por título: "ENTRE VIÑETAS. RELATOS E SOÑOS GRÁFICOS DE ALUMNOS DO IES DE SAR" que tivo lugar o pasado 19 de febreiro.
O lugar do evento foi o CSC e Xuvenil Municipal O Ensanche.
AGRADECEMENTOS
Profesorado e alumnado do IES de Sar
Mª Sol Barral
Miguel Ángel Vigo Baleirón
PARTICIPANTES
Fernando Abeijón Santiago, Sonia Alonso Castro, María Astray Piñeiro, Carla Bautís Estévez, Ana Belén Blanco Mougán, Adrián Bouzas Montiro, María J. López Sanmartín, Iria Matos Gato, Breogán Oubiña
García, Beatriz Pérez Lista, Sofía Rodríguez Fernández, Claudia Rodríguez Mayán, Mireia Suárez Saiz, Pedro Manuel Waldenmaier Villaverde.
 

Reseñas do evento no Correo Gallego do 19 e do 20 Febr. 2013. Páx. 27 nambos casos.