Amosando publicacións coa etiqueta Equipo Dinamización LingÜística. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Equipo Dinamización LingÜística. Amosar todas as publicacións

25 de abril de 2014

ACTIVIDADES DO 23 DE ABRIL,DÍA DO LIBRO 2014

No primeiro recreo o alumnado leu a obra Relato de un naúfrago de Gabriel García Márquez, foi a nosa pequena homenaxe no Día do Libro.Co Equipo da Biblioteca colaboraron Vicedirección e EDL.







E no 2º recreo disfrutamos todos dun día especial na Biblioteca saboreando unha chocolatada con soletillas de biscoito para celebrar este día tan especial cos libros.A Biblioteca nunca estivo tan solicitada e degustada.Ese día rematamos cun brindis de chocolate pola BIBLIOTECA.



5 de marzo de 2014

EXPOSICIÓN DO ENTROIDO 2014

Os alumnos/as de 1º da ESO do curso 2013/14, e tamén algúns do curso anterior, co seu entusiasmo e vitalidade, fixeron posible un ano máis a realización da exposición-concurso de caretas organizado pola Vicedirección e a Biblioteca.Aquí tedes o resultado do que aprenderon na materia de Educación Plástica e Visual. O material usado de base foi papel e cola ou vendas de xeso. Están pintadas coa técnica de témperas.
O Equipo de Dinamización Lingüística expuxo uns carteis onde se fai un percorrido polo Entroido en Galicia: máscaras e traxes.




1º Premio: Paula Noya Mourullo

2º Premio:Mohamad Shakhasa Shakhasa



3º Premio: Cristina López Iribarnegaray






24 de febreiro de 2014

AS NOSAS ROSALÍAS

Para esta data tan significativa, 24 de febreiro, a do nacemento dunha das figuras femininas máis representativas da nosa poesía, Rosalía de Castro, os alumnos/as de de 2º de Bacharelato, na materia de Técnicas Gráfico Plásticas, deron a súa visión particular dela.Utilizaron o recurso técnico dos patróns, mesturado con técnicas de salpicados ou soprados con acrílicos, témperas, tintas ou acuarelas; tamén técnicas secas como rotuladores ou pasteis. A pintura acrílica nalgún traballo é usada con textura e carga matérica.
Tamén o Equipo de Dinamización Lingüística conxuntamente coa Biblioteca e Vicedirección realizaron unha actividade na materia de galego que consistía en recrear os versos de Rosalía.O alumnado escolleu ben debuxos, fotos...para recrear os seus versos e actualizalos.


















21 de febreiro de 2014

21 DE FEBREIRO: DÍA DA LINGUA MATERNA

No Día da Lingua Materna declarado pola Unesco o 21 de febreiro, conxuntamente o Equipo de Dinamización Lingüística , Vicedirección e a Biblioteca pedíronlle a todos os membros da comunidade educativa que escribisen a súa palabra favorita.Esta iniciativa tivo moito éxito.Algúns tamén a debuxaron.  http://es.wikipedia.org/wiki/D%C3%ADa_Internacional_de_la_Lengua_Materna



Día Internacional da Lingua Materna 2014



Un ano máis, a Xunta de Galicia e a Rede de Dinamización Lingüística súmanse á celebración do Día Internacional da Lingua Materna. Unha celebración que busca lembrarnos o valor das linguas, independentemente do número de falantes que teñan, para asegurar a diversidade cultural, contribuír ao coñecemento humano e potenciar a participación de todas as persoas na construción de sociedades democráticas.

Cada 21 de febreiro, a UNESCO chama a nosa atención sobre a importancia de usarmos e transmitírmoslles ás novas xeracións as linguas autóctonas de cada lugar e, este ano, destaca o seu papel como medios de acceso ao saber e de produción de coñecemento científico.

A mensaxe do Día Internacional da Lingua Materna 2014 é que todas as linguas humanas, e por suposto o galego, teñen o mesmo potencial para seren vehículo de investigación e de divulgación científica.

Mensaxe da directora xeral da UNESCO, Irina Bokova, con motivo do Día Internacional da Lingua Matern