Amosando publicacións coa etiqueta Fotografía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fotografía. Amosar todas as publicacións

26 de abril de 2015

ZELTIA NOS PREMIOS XURXO LOBATO DE FOTOGRAFÍA


Parabéns á nosa alumna Zeltia e aos demais gañadores!
Esta é a segunda vez que unha alumna do IES de SAR gaña un premio neste concurso. Con anterioridade recibírao Mariña Casas.
Nesta edición participaron un total de 143 alumnos de Ensino Medio cun total de 365 fotografías.
O xurado decidiu outorgar os seguintes premios:
1º Premio, pola foto titulada “Espera na ventá“ de FRANCISCO FILGUEIRA FERREIRO da Escola de Imaxen e Son de Vigo (EISV).
2º Premio, pola foto “Aturuxos” de ZELTIA IGLESIAS RODRíGUEZ do IES do SAR de Santiago.
3º Premio, pola foto “Grandes los dos” de FLORENTINO BAZ da Escola de Imaxen e Son de Vigo (EISV).
Tamén se concederon diversos accésit e unha bolsa de estudos.
Neste enlace tedes máis información: CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XURXO LOBATO




Zeltia Iglesias Rodríguez
A foto da nosa alumna Zeltia

8 de xuño de 2014

AS MALETAS DA MEMORIA


O fotógrafo Yuval Yari, hai seis anos, colleu os seus bártulos, a súa furgoneta Volkswagen e lanzouse a percorrer os camiños de Israel e Palestina, inmortalizando escenas cotiás e alegóricas coa súa cámara.

Logo, cada unha desas fotografías foi impresa sobre unha maleta e retratada de novo nunha paisaxe determinada. O resultado da experiencia é unha exposición chamada Maletas da Memoria.

1967 foi o ano da Guerra dos Seis Días. Co seu traballo, Yuval recupera os lembranzas compartidas pola xeración árabe-israelí marcada por esa contenda.
Memoria coa que Yuval pretende: 
“Recuperar as historias de israelís e palestinos, dous pobos que temos os nosos destinos aparcados na beirarrúa dalgunha estrada esquecida”.





20 de abril de 2013

9º CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "XURXO LOBATO"

A alumna Mariña Casas Vidal de 1º de Bac. de Artes do IES de Sar acadou un Accésit competindo con 900 fotos enviadas dende todas partes.
Moitos Parabéns.
E estas son as súas imaxes para disfrute de tod@s.
Foto de Mariña Casas Vidal

Foto de Mariña Casas Vidal
Foto de Mariña Casas Vidal