2 de febreiro de 2014

EXPOSICIÓN DA PAZ NO IES DE SAR (2014)

Este ano os alumnos/as do IES de SAR interpretaron pombas, as figuras de Gandhi e de Nelson Mandela,a quen estaba adicado este ano o día da Paz, para celebrar o 30 de xaneiro.As técnicas usadas foron as de acuarela con sal, con film transparente, gotas sopladas, salpicados, gotas verticais, falso gravado, tintas, témperas, reservas...














A PAISAXE CON CERAS



Na 2ª avaliación o alumnado de 2º de Artes practicou coa temática da paisaxe as tres técnicas especiais das ceras como son a cera augarrasada, derretida ou esgrafiada.Cada alumno/a escolleu a paisaxe que desexaba interpretar.










ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA NO DÍA DA PAZ

Os alumnos de 3º ESO A (Sección bilingüe) fixeron unha interpretación da canción "Día da Paz", en versión trilingüe, con aprendizaxe rítmica a través da percusión.. A dirección correu a cargo de Marion Le Tilly, Auxiliar de Conversa de Lingua Francesa.
Tamén  se fixo lectura das obras presentadas ao Concurso de Poesía.                                                                                





29 de xaneiro de 2014

Entretien à Vincent Lemée / Entrevista con Vincent Lemée

Entretien à Vincent Lemée / Entrevista con Vincent Lemée

Durante o curso 2012-2013 o IES de Sar tivo a sorte de contar no seu equipo docente con Vincent Lemée, lector de lingua francesa orixinario de Le Mans. A súa pegada humana e profesional foi grande e non só entre o alumnado de francés. Tres alumnas de 4º de ESO A, Marina García Cabanas, Andrea Freire Otero e Iria Docampo Rodríguez fixéronlle a seguinte entrevista en francés, que tamén traduciron ao galego, para achegarvos un pouco máis a súa persoa.

- Pourquoi tu es lecteur ?

C'est une opportunité qui m'était offerte et, comme j'ai dans l'idée de devenir professeur, j'ai pensé que ce serait l'occasion de connaître ce travail.

- Qu'est-ce que tu as étudié ?

Philologie espagnole.

- Pourquoi tu es venu en Galice ?

Parce que j'étais déjà venu en Galice. Je n'aime pas la chaleur. L'Université de Saint-Jacques m'avait été recommandée.

- Tu aimes la langue galicienne ?

Oui, mais je la connais très peu.

- Tu connais d'autres lecteurs à Saint-Jacques-de-Compostelle?

Oui, deux Français, deux Américaines et deux Anglais.

- Tu constates des différences entre la société espagnole et la société française ?

Oui, oui. Principalement dans le mode de vie. Les horaires. Les gens en Espagne me semblent plus chaleureux.

- Qu'est-ce que tu penses du climat de Saint-Jacques-de-Compostelle ?

La température est correcte, mais il pleut un peu trop.

- Tu écoutes de la musique espagnole ?

Oui, Escape, Estopa, Manu Chao, qui est Franco-espagnol et chante parfois en espagnol.

- Qu'est-ce que tu penses du système scolaire espagnol ? Et des élèves ?

Les élèves son très sympathiques. Le système espagnol me semble mal fait.

- Qu'est-ce qui va te manquer de Saint-Jacques-de-Compostelle ?

Tout d'abord mes colocataires. L'ambiance. Les élèves. Le mode de vie. Ma vie espagnole en général.


- Por que es lector?

É unha oportunidade que se me presentou, como xa tiña a idea de facerme profesor pensei que sería a ocasión de coñecer este traballo.

- Que estudaches?

Filoloxía hispánica.

- Por que viñeches a Galicia?

Porque xa estivera en Galicia. Non me gusta a calor e recomendáronme a Universidade de Santiago de Compostela.

- Gústache a lingua galega?

Si, aínda que a coñezo moi pouco.

- Coñeces outros lectores en Santiago?

Si, dous franceses, dúas americanas e dous ingleses.

- Notas diferenzas entre as sociedades española e a francesa?

Si, si, si. Principalmente na forma de vida, nos horarios... A xente española paréceme máis acolledora.

- Que pensas sobre o clima de Santiago?

A temperatura é correcta, pero chove demasiado.

- Escoitas música española?

Si. Escape, Estopa... Manu Chao que é franco-español e canta ás veces en español.

- Que pensas do sistema educativo español? E dos alumnos?

Os alumnos son moi simpáticos. O sistema paréceme mal feito.

- Qué vas botar de menos Santiago?

Todo o referente ós meus compañeiros de piso, o ambiente, os alumnos, o modo de vida... A miña vida española en xeral.

30 DE XANEIRO, DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA



O 30 de xaneiro conmemoraremos nos colexios e institutos, un ano máis, o DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA (DENIP), no 66 Aniversario da morte de Mahatma Gandhi. Este ano, este día, está dedicado a Nelson Mandela.
Rolihlahla Mandela, fillo dun xefe tribal Thembu, naceu nun pequeno pobo chamado Mvezo, no leste de Sudáfrica, o 18 de xullo de 1918. Foi a primeira persoa da súa familia en ir á escola. Unha profesora que non podía pronunciar "Rolihlahla" chamouno Nelson. Viaxou a Johannesburgo en 1941 para escapar dun matrimonio amañado. Alí forxou amizade con Walter Sisulu, quen lle conseguiu traballo no bufete de avogados de Witkin, Sidelsky e Eidelam. Tamén iniciou a súa actividade política, afiliándose ao Congreso Nacional Africano (CNA).
Conclúe a súa formación como avogado e, en 1952, con Oliver Tambo, estableceu o primeiro despacho xurídico negro de Sudáfrica, ofrecendo axuda a quen normalmente non tiña acceso á representación legal. Encabezou a facción máis violenta da oposición surafricana ao réxime do Apartheid. En 1958 contraeu matrimonio con Winnie Madikizela.
En 1962 foi arrestado e condenado por sabotaxe, ademais doutros cargos, a cadea perpetua. A maior parte dos máis de 27 anos que estivo no cárcere pasounos en Robben Island. Na cadea mudou de opinión no uso da violencia.
A comunidade internacional comezou a intensificar as sancións impostas en 1967 ao réxime do Apartheid de Sudáfrica. A presión produciu resultados e, en 1990, o presidente FW De Klerk levantou a proscrición ao CNA. Mandela foi liberado tras permanecer 27 anos na cadea. Ao ano seguinte foi elixido presidente do partido.
En 1993, Mandela e o presidente surafricano FW De Klerk recibiron en conxunto o Premio Nobel da Paz polos seus esforzos para estabilizar Sudáfrica. Ao aceptar o galardón, Mandela dixo: "Faremos todo o posible para contribuír á renovación do noso mundo". En 1994, por primeira vez na historia de Sudáfrica, todas as razas votaron nas eleccións democráticas. Mandela foi elixido presidente. Dirixíndose á multitude durante a súa toma de posesión o 10 de maio de 1994, dixo: "¡Deixemos que reine a liberdade. Deus bendiga África!". O maior problema de Mandela foi o déficit de vivendas para os pobres e o crecemento dos barrios marxinais.
O día do seu 80 aniversario, Mandela casou con Graça Machel, viúva do antigo presidente de Mozambique. Diagnosticóuselle cancro de próstata e iniciou un tratamento con radiación. En 2004 anunciou o seu retiro da vida pública.
En 2008, músicos, estrelas de cine e políticos participan nun concerto en homenaxe aos 90 anos de Mandela celebrado no Hyde Park de Londres. Dirixíndose á multitude, dixo: "É tempo de que novas mans leven as cargas, agora está nas vosas mans".
O ex presidente asistiu á cerimonia de clausura da Copa Mundial de Fútbol Sudáfrica 2010. En xaneiro de 2011 foi hospitalizado para que se lle realizaran exames especiais". E o 5 de decembro do 2013 falece.

27 de xaneiro de 2014

O IMPOSSÍVEL ACONTECE

O DIA 24 de maio de 2013 de 12:57-14:30 HORAS

um imprevisto eclipse das aulas abriu passo a estranhos seres

que se apoderaram dos CORREDORES e PÁTIO do SAR

porque mesmo

‘O IMPOSSÍVEL ACONTECE’


Cadáveres ambulantes, corpos inanimados revividos pela arte da bruxaria,

vagueando no Centro,

criaturas dadas por mortas, desenterradas, descontrolando-se

dos poderosos feiticeiros,

identificad@s como ZUMBIS FILOSÓFICOS

hipotéticas pessoas sem consciência plena

com a biologia ou comportamento de humanos normais

invadiram-nos

REBELDES defendendo o impossível

 pese a sofrer, levantando-se contra as injustiças

inventando novas possibilidades ainda em ínfimos atos,

mostrando seu espírito livre,

sabendo que quem fala que algo distinto é impossível

o diz para lograr nossa submissão




24 de xaneiro de 2014

PLATERO Y YO FAI 100 ANOS


No ano 1914 a editorial La Lectura publicou 63 dos 138 capítulos que ten a edición completa desta obra universal e rompedora na que Juan Ramón Jiménez narra as súas peripecias co burro Platero pola localidade onubense de Moguer.
Os espellos de acibeche dos seus ollos duros como dúas cascudas de cristal negro que alampaban en Platero fai 100 anos seguen a alampar, e sobre o seu corpo de papel pequeno, peludo e suave seguen a galopar infinidade de adultos e nenos aos que Platero leva, contento, áxil, xeneroso.

Lembraredes algúns o seu capítulo XVII, no que Juan Ramón lembra aquel fermoso e conmovedor poema que Manuel Curros Enríquez (Celanova, 1851 - A Habana, 1908) escribe cando perde un dos seus fillos, Leopoldo, a causa dunha enfermidade incurable no ano 1879.
Escribe o Nobel español:

Siempre que volvíamos por la calle de San José, estaba el niño tonto a la puerta de su casa, sentado en su sillita, mirando el pasar de los otros. Era uno de esos pobres niños a quienes no llega nunca el don de la palabra ni el regalo de la gracia; niño alegre él y triste de ver; todo para su madre, nada para los demás. Un día, cuando pasó por la calle blanca aquel mal viento negro, no vi ya al niño en su puerta. Cantaba un pájaro en el solitario umbral, y yo me acordé de Curros, padre más que poeta, que, cuando se quedó sin su niño, le preguntaba por él a la mariposa gallega:


Volvoreta d’aliñas douradas…

Ahora que viene la primavera, pienso en el niño tonto, que desde la calle de San José se fue al cielo. Estará sentado en su sillita, al lado de las rosas únicas, viendo con sus ojos, abiertos otra vez, el dorado pasar de los gloriosos.


O poema ao que fai referencia JRJ está publicado nun dos libros máis importantes do Rexurdimento literario en Galicia, Aires da miña terra, e di así:

¡AI!...

¿Como foi?... -Eu topábame fóra
cando as negras vixigas lle deron;
polo aramio súa nai avisoume
i eu vinme correndo.

¡Coitadiño! Sintindo os meus pasos,
revolveu cara a min os seus ollos.
Non me viu... e chorou... ¡ai!, xa os tiña
ceguiños de todo.

Non me acordo que tempo me estiven
sobre o berce de dor debruzado;
sólo sei que me erguín co meu neno
sin vida nos brazos...

Volboreta de aliñas douradas
que te pousas no berce baleiro,
pois por el me perguntas, xa sabes
qué foi do meu neno.


Sabemos, polas propias palabras de JRJ, que nos seus primeiros anos como escritor, sentiu a influencia literaria de diferentes poetas galegos: "Mis lecturas en esa época eran Bécquer, Rosalía de Castro, Curros Enríquez, en gallego los dos, cuyos poemas traducía y publicaba yo frecuentemente" (El Modernismo, páx. 54).

23 de xaneiro de 2014

UN MUNDO MÁXICO DE PAPEL

O 18 de decembro do 2013 abriu en Zaragoza a "Escuela Museo Origami" ( EMOZ ). Este centro é o primeiro dedicado ao origami de alto nivel en todo o mundo. Ten unha extensión de 771 metros cadrados, dos cales uns 500 están reservados para exposición.

A primeira sala que atopa o visitante é de Introdución Histórica dende o século II a.C. Esta será permanente, trazando a traxectoria paralela desta arte en Oriente coas grúas e en Occidente coas paxariñas, xunto coas creacións do Grupo Zaragozano presididas pola virxe do Pilar.

A seguir pásase a unha segunda sala onde se explican as técnicas do pregado con varios exemplos, antes de chegar a unha terceira, protagonizada por figuras humanas e máscaras. O oso xigante realizado con papel humedecido é a peza máis chamativa dunha cuarta sala que é preludio dos dragóns vietnamitas e os peixes xaponeses que se poden ver na seguinte sala. Reptís, aves e a ra que promocionan o primeiro póster do EMOZ ocupan as últimas estancias das destinadas a amosar a rica colección.

As dúas últimas salas do EMOZ están destinadas a exposicións temporais e á escola. Na primeira, ata marzo, pódese ver o traballo de Víctor Coeurjoly. Naceu en Madrid, o 16 de marzo de 1993. De nai española e pai francés, coñeceu o origami tanto en Francia como en España. Fai estudos superiores de deseño mecánico e ademais gústalle o debuxo e a música. Empezou a pregar aos 8 anos e dende o principio lanzouse a crear. Entre as súas creacións destacan un homiño, unha xirafa e unha ovella.

É membro da AEP e do CRIMP, e participou en convencións españolas e foi invitado de Honra á Convención Francesa celebrada en Carcasonne.