21 de outubro de 2013

CONCURSOS

CONCURSO DE MICRORRELATOS DE TERROR


  • Lingua: galego, castelán, francés e inglés
  • Extensión máxima: 15 liñas
  • Tipografía: arial 12p
  • Prazo: ata o 29 de outubro
  • Entrega pop correo electrónico librotksar@gmail.com


CONCURSO DE CABAZAS DECORADAS

  • Estilo libre
  • Categorías: ESO, Bacharelato e PCPI
  • Prazo: ata o 25 de outubro
  • Entrega en vicedirección
  • Premios para cada categoría: Material escolar, libros, etc.

18 de outubro de 2013

ASTRONOMÍA DESDE A BIBLIOTECA.


Aquí van algunhas ligazóns para que vos DIVIRTADES paseando por algunhas novas que a Axencia Espacial dos EEUU nos proporciona.



16 de outubro de 2013

75 ANIVERSARIO DE SUPERMAN

Superman foi o primeiro personaxe superheroe dos cómics e unha icona da cultura pop. Creado polo escritor estadounidense Jerry Siegel e o artista canadense Joe Shuster en 1932, véndenlloo en 1938, a Detective Comics, Inc. por 130 dólares. A primeira aventura do personaxe é publicada en Action Comics 1 (xuño de 1938). Co éxito das súas aventuras, Superman axudou a crear o xénero do superheroe .
Neste 2013 cúmprese o 75 aniversario da súa publicación.
A aparencia do personaxe é distintiva e icónica: un traxe azul, vermello e amarelo, cunha capa e un escudo de “S” estilizado no seu peito, escudo que se converteu nun símbolo da personaxe en todo tipo de medios de comunicación.
De Superman hai seriais de radio, programas de televisión, tiras periódicas, bonecos, videoxogos, películas y todo tipo de marchendising.
A historia orixinal de Superman relata que naceu co nome de Kal-El no planeta Krypton; o seu pai, o científico Jor-El, e a súa nai Lara Lor-Van, enviárono nunha nave espacial con destino á Terra cando era neno, momentos antes da destrución do seu planeta. Foi descuberto e adoptado por Jonathan Kent e Martha Kent, parella de granxeiros de Smallville, Kansas, que o criou co nome de Clark Kent e lle inculcaron un estrito código moral. O mozo Kent comenzou a amosar habelencias superhumanas, as mesmas que, ao chegar a súa madurez, decidiría usar para  beneficio da humanidade.

10 de outubro de 2013


¡Un pouco de ironía, por favor!





Astrid Lindgren é o seu nome. Escritora sueca (1907-2002), coñecida por ter creado ese personaxe entrañable que ten feito pensar e rir a millóns de nenos e adultos en máis de sesenta linguas.

Pippilotta Delicatessa Windowshare Mackrelmint naceu, con nove anos, en 1945. Orfa de nai e filla do capitán de barco Efraín Calzaslargas, que foi o rei dos mares e hoxe é o rei dos caníbales, Pippi é o seu hipocorístico. Pippilotta, segundo o rei, era un nome demasiado longo.
Se tivera medrado, teríana cualificado como disfuncional, pero iso tenlle sen coidado.
Por agora, podemos chamala anarcoinfantil.
Porque mentres o seu pai percorre o mundo, ela vive soa, ou, por mellor dicir, vive cun cabalo, un mono e ningún adulto á vista, cousa que lle outorga moitísima liberdade.
Nin sequera ten que ir ao colexio, aínda que de cando en vez apareza por alí.
Imaxinativa (que nunca demasiado mentireira), valente (que non argalleira, incivil ou temeraria), incorruptible e leal, mais non sempre ecuánime, por fortuna Pippi é máis forte que calquera policía ou bandido do mundo.
E, aínda que ten unha pistola e unha espada, acostuma a administrar xustiza coas mans.


 

Pippi Calzaslargas
Astrid Lindgren
Blackie Books, Barcelona, 2012


Aquí podedes ver algunha das fazañas de Pippilotta.









9 de outubro de 2013

A "PRECURSORA" DO LIBRO ELECTRÓNICO

Ángela Ruiz Robles, nada en Villamarín, León en 1895 e finada en Ferrol o 27 de Outubro de 1975, mestra e inventora, precursora do libro electrónico.
Dirixiu a fabricación da Enciclopedia Mecánica no Parque de Artillería de Ferrol. Dende 2006, a Enciclopedia forma parte da Exposición do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) en Santiago de Compostela.
Estudou na Escola de Maxisterio de León (1915 - 1916). Foi docente e directora na Escola de Gordón (León) en 1917. Mestra en Santa Uxía de Mandía. Viviu en Ferrol entre 1928 - 1975, exercendo ao longo da súa vida como mestra en varios centros.
Esta inventora anticipou cos seus proxectos as prestacións e o deseño dos soportes de lectura actuais. O seu principal desexo era facilitar a aprendizaxe aos estudantes. Isto xunto co seu interese por educar dun xeito menos tradicional e máis interactivo, fixeron que ideara y levara á práctica un prototipo do "libro mecánico" emparentado cos actuais libros electrónicos.

"George Méliès".A maxia do cine.

30 de setembro de 2013

ÁLVARO MUTIS

El escritor y poeta colombiano Álvaro Mutis, de 90 años, falleció hace unos días en Ciudad de México, capital del país donde residía desde 1956. A lo largo de su vida, recibió multitud de premios como el Príncipe de Asturias de las letras en 1997, el Cervantes en 2001, o en 2003 que es nombrado miembro de la Legión de Honor, con grado de oficial, la más alta condecoración que otorga el gobierno francés.
Era uno de los grandes escritores latinoamericanos, poeta de la desesperanza y el destierro, en cuya obra la naturaleza humana y su protagonista, como Maqroll, su alter ego, un solitario viajero errante, que entre puertos y hoteles de mala muerte, sobrevive, como en el eterno vaivén de un viejo barco, entre lo efímero y la plenitud pasada.
En 1947 publica su primer libro de poemas: La Balanza. Despues vendrán otros muchos como Los elementos del desastre, de 1953, donde aparece por primera vez Maqroll el Gaviero, personaje constante en su narrativa.
En 1978 publica su primera novela de la saga de Maqroll el Gaviero: La nieve del Almirante, a la que seguirían Ilona llega con la lluvia y La última escala del Tramp Steamer, entre otras muchas.
Marinero existencial, Mutis llevaba años en un apacible retiro, dedicado a escribir y a la lectura.

25 de setembro de 2013

O PRINCIPIÑO




O pasado 6 de Abril, cumpreu 70 anos o libro "Le petit Prince".
Escritor: Antoine de Saint - Exupèry (1900-1944) Aviador e escritor francés.

É o libro en francés máis lido e traducido. É tamén dos máis vendidos de tódolos tempos.
Sain - Exupèry, escribiu e lustrou o manuscrito mentras se atopaba exiliado en E.E.U.U. logo da Batalla de Francia.
Escribiu o libro no medio dunha crise persoal e coa saúde moi estragada. Considerado coma un libro infantil pola maneira en que está escrito, pero que na realidade se tratan formas profundas coma o sentido da vida, a soedade, a amizade e a perda.
A historia ten unha temática filosófica onde se inclúen críticas sociais dirixidas á forma na que os adultos ven as cousas.
O narrador tamén se laia da pouca comprensión que teñen os adultos pola creatividade.
A edición do libro que aparece no vídeo ten a particularidade de ser un "Pop up" ou libro despregable, no que as ilustracións elévanse no espazo coma se foran en 3D.

18 de setembro de 2013

DONDE OS LIBROS COBRAN VIDA


O New Zealand Book Council é unha organización de Nueva Zelanda sen fins de lucro, fundada en 1972. Promove o amor aos libros e á lectura entre os neozelandeses.
Axencia de Publicidade: Colenso BBDO
Produción: Andersen M Studio
Deseño e animación: Line Andersen
Fotografía e iluminación: Martin Andersen
Deseño de son: Mikkel H. Eriksen (Studio Instrument)

17 de setembro de 2013

Un novo curso

Sacudide as areas e preparadevos para afrontar un novo curso cheo da maxia dos libros.
Contamos con todos vos para participar nas actividades da biblioteca.