22 de xuño de 2013

"Ardalén" de Miguel Anxo Prado

Os profesionais do cómic escolleron en votación aos gañadores dos premios da XXXI Salón Internacional do Cómic de Barcelona.
"Ardalén"de Miguel Anxo Prado resultou gañadora e, en palabras do propio autor,é "unha historia en torno á memoria persoal. A memoria como esencia da nosa existencia,da percepción da nosa propia vida,da nosa identidade. Pode sonar filosófico pero,ao final,se trata dun puñado de seres humáns que se axudan e se fan dano uns a outros,algúns chegan a quererse e todos aférranse aos seus recordos para evitar o naufraxio".
Ardalén é unha historia de lembranzas, de emigrantes e mariñeiros ... en busca dun futuro mellor.




Doazón de libros pola Anpa

Aproveitamos esta ocasión para dalas grazas a nosa Anpa pola súa colaboración coa Biblioteca e tamén con outras actividades do centro neste ano e pasados. Sempre foi moi receptiva a todas as propostas. Sabemos do seu esforzo porque é unha Anpa pequena,pero menos pode ser máis ben administrado.
É moi importante neste momento que xuntemos as nosas forzas e loitemos polo futuro dos alumn@s.A Anpa non debería desaparecer.
Nas fotos aparecen parte dos libros doados pola Anpa e tamén algunhas integrantes do "Club de Lectura As Lectoras Cósmicas" de 1º da ESO.Tamén doulle a elas as grazas polo seu interese e colaboración coas actividades da Biblioteca e do centro.

16 de xuño de 2013

Os libros no deseño gráfico

Estes carteis son de Gunter Rambow, de orixe alemá, deseñador e educador. Un dos creadores de imaxes máis innovadoras de finais do século XX e contribuíu moito á historia do deseño gráfico.



1 de xuño de 2013

WAGNER, UN DESCOÑECIDO?

¿Que sabes de Wagner? Máis do que cres. Voucho demostrar:

¿Sónache esta melodía?

Ademais de ser a banda sonora da película "Apocalipse Now" e de múltiples spots publicitarios, é "a cabalgata das valquirias" da ópera "A Valquiria" de Wagner .

A ver se coñeces esta outra:


Pois tamén aparece noutra ópera: Lohengrin.

Preme neste enlace:
http://www.turgalicia.es/imaxes/mdaw/mdm1/~edisp/~extract/TURGA035815~1~staticrendition/tg_carrusel_cabecera_grande.jpg

É o Auditorio de Galicia visto desde o escenario. É un teatro sen palcos que apaga as luces das butacas e pecha as portas cando empeza a representación. É un invento de Wagner. Antes, a xente iba á ópera para pechar negocios, encontrarse cos amantes, criticar os outros asistentes... e era do máis normal falar, comer, pedir bises e tirar tomates.
 Wagner fixo construír un espazo onde as butacas eran incómodas, para impedir que o público quedase durmido, e as portas se pechaban con chave, para que ninguén puidese escapar. Non había máis remedio que atender á música, e para colmo as súas óperas duraban varias horas...

Esta palabra é xa parte do noso léxico: Leitmotiv
Pois tamén a inventou Wagner para referirse a melodías que aparecían unha e outra vez nas súas óperas asociadas a personaxes ou ideas. Velaí tes un leitmotiv coñecido que representa a seguinte idea: que veñen os malos!!


Este tema non é de Wagner, claro, senón de John Williams. Star Wars está cheo de Leitmotiv.

Se queres máis Wagner, isto é o que temos na biblioteca:

Colección de CDs de música clásica El País:
  • nº 49 "Oberturas, fragmentos, escenas" 
  • nº 50 "Wagner e Venezia"
A película "Ludwig", de Luchino Visconti, narra a vida de Luis II de Baviera, mecenas de Wagner.

Tamén che recomendo que leas no marabilloso libro de Cunqueiro "Os outros feirantes" a historia de Tristán García , mozo que soña  con casar cunha moza chamda Isolda, como na ópera de Wagner, "Tristán e Isolda"

27 de maio de 2013

UNHA MINA DE OURO PARA QUEN?


"Aproveitando a actual crise económica, e baixo o paraugas dunha promesa laboral incerta, corporacións multinacionais como a canadense Edgewater teñen en mente levar a cabo proxectos como o da mina de ouro de Corcoesto, no Concello de Cabana de Bergantiños. ...Este proxecto empregará, entre outros produtos de elevada toxicidade, toneladas de cianuro para separar o ouro da rocha.

O cianuro ten efectos prexudiciais mesmo a doses baixas, podendo afectar ó aparato respiratorio e ós sistemas cardiovascular, gastrointestinal, neurolóxico, ocular e dérmico, dado que en contacto coa pel pode absorberse.
... A minaría a ceo aberto presenta, ademais, unha interminable lista de impactos ambientais"

Tomado de: Plataforma cidadá SALVEMOS CABANA

Para maior información ver o vídeo que presentamos a continuación ou visitar páxinas onde se trata o tema tales como: Galiza non e unha mina   ou Sociedade galega de historia natural 


22 de maio de 2013

O último traballo do señor Luna

(Premio Edebé de literatura xuvenil)
Autor: César Mallorquí
Editorial: Rodeira
Idioma: Galego
Páxinas: 246

Con esta novela de aventuras de ritmo trepidante, Cesar Mallorquí, soubo encaixar perfectamente as pezas dun complexo crebacabezas.
Aínda que a trama dá comezo en Bolivia, coa fuxida de dona Flor Huanaco a España, o plan de vinganza dun poderoso narcotraficante trasladarase ás rúas e aos barrios de Madrid. Tras os seus pasos chegan un implacable asesino a soldo, coñecido como o señor Luna co encargo de matala, e o fillo do narcotraficante, desexoso de herdar o seu imperio e, polo tanto, máis perigoso aínda que o seu pai. Desgraciadamente, axiña se ve involucrado neste complot un mozo superdotado intelectualmente, pero demasiado vulnerable no plano afectivo, porque precisamente Flor Huanaco foi parar á súa casa como asistenta...

12 de maio de 2013

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

O enfoque do noso traballo con respecto a Roberto V. Bolaño foi dende o punto de vista visual  dun tratamento da imaxe plana cun aire entre pop e do mundo do cómic.
Ao ser un escritor teatral o plantexamento do deseño  dos carteis semella un escenario que lle da continuidade e é o fío condutor.
O noso propósito dende o inicio era non sobrecargar os carteis con demasiados datos e darlle un toque humorístico e irónico ás imaxes.

EQUIPO : <ESCRITOR ESCÉNICO>

Coordinadora:
Romay Calvo, Carmen

Autoría:
Alvaredo Serrano, Elena
Dono Caramés, Adrián
Guerra Méndez, Manuel
Losada Dorado, Iván
Ponte Álvarez, José Manuel
Romay Calvo, Carmen

Ilustracións:
Astray Piñeiro, María (fondo guía)
Placer Dalama, María (portada guía)
Rodríguez López, Lía (RVB guía)

Centro Educativo:
I.E.S de Sar de Santiago de Compostela


GUÍA DIDÁCTICA



CARTEIS

3 de maio de 2013

CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

Este concurso foi organizado polo Departamento de Lingua e Lit. Española en colaboración coa Biblioteca e vicedirección.
Aos alumn@s ao principio costoulle arrancar pero logo foise animando. Hai marcapáxinas moi creativos e orixinais.
As fotos falan por si soas.


O xurado tivo moi difícil decidir cales eran os premiados.
Neste caso ao ser tantos non pode haber premios para todos.
Grazas pola vosa participación e tamén a todo o profesorado implicado.
@s afortunad@s foron:
-Aroa Sánchez
-Yiling Liu
-Marta Cebeiro
-Carlota Fernández
-Alicia Santos
-Manuel Guerra
-F.Javier Pardal
A esquerda podedes ver os seus traballos.
Moitos parabéns!!! dende o Equipo da Biblioteca, Vicedirección e o depat. de Lingua e Lit.Española.