26 de xaneiro de 2015

PERSPECTIVAS "POR UN TUBO" DE ANASTASSIA ELÍAS

Anastassia xoga coa perspectiva que lle dá o propio tubo de cartón e crea unha morea de escenarios, cun detalle e coidado sorprendentes.
Ela corta en papel siluetas pequenas que logo pega á parte interior do rolo de papel hixiénico. Utiliza pinzas para facelo. Usa a mesma cor que o rolo de papel. Deste xeito conséguese a ilusión de que as pequenas figuras de papel son parte dos eventos.
A inventiva, o enxeño e a arte, entre outros factores, fan posible que un rolo de papel usado teña máis vida útil da que se cría  nun principio. Facémoslle un favor ao medio ambiente e tamén nolo facemos a nós mesmos, porque facemos que abrolle a nosa creatividade e supón tamén un xeito de reinventarnos.
Aquí a súa publicación





Ningún comentario: