Tamén quedemos render unha pequena homenaxe á "Liberdade de Expresión" de Charlie Hebdo, que é un semanario satírico francés de esquerdas fundado en 1992.
O alumnado tamén fixo en papel (técnica de papiroflexia) grúas que deron tridimensionalidade á exposición. Esta completouse cunha árbore simbólica dos desexos, ideas ou pensamentos que escribiu toda a comunidade educativa durante distintos cursos.
Tampouco nos esquecemos nesta data de lembrar a morte da figura de Gandhi, gran defensor da Paz.
No pasado 2014, a moza Malala, de 17 anos, levou o premio Nobel da Paz por defender a educación das rapazas fronte aos talibáns.
Ningún comentario:
Publicar un comentario