30 de xaneiro de 2015

A LENDA DE SADAKO SASAKI E AS MIL GRÚAS


Segundo unha lenda xaponesa, o teu maior desexo farase realidade, se construies mil grúas de papel. Este feito de crear grúas de papel na loita pola paz, remóntase á historia dunha das pequenas víctimas da bomba de Hiroshima durante a Segunda Guerra Mundial.


Sadako Sasaki tiña dous anos cando caeu a bomba en Hiroshima, cidade na que vivía. Dez anos máis tarde (cando tiña 12 anos), como consecuencia da irradiación que lle produciu a bomba de Hiroshima, os médicos diagnosticáronlle leucemia. Cando Sadako estaba no hospital recuperándose de súa enfermidade, a súa amiga Chizucho explicoulle a historia das 1.000 grúas de papel. A historia consiste en que se desexas algo con moita forza e constrúes 1.000 grúas de papel, os deuses concederanche ese desexo que tanto anhelas. É así como Sadako para curarse da súa terrible enfermidade propúxose construir por sí mesma 1.000 grúas de papel. Morreu en outubro de 1955 e só conseguira plegar 644 grúas de papel. Simbolicamente, os seus amigos continuaron a súa misión e completaron as mil grúas coa esperanza de que  conseguira a paz entre todos os países do mundo. Tres anos máis tarde da morte de Sadako, os nenos de toda a cidade de Hiroshima dedicáronlle unha estatua cunha grúa nas súas mans. A estatua está no Parque da Paz de Hiroshima.

Ningún comentario: