Parabéns á nosa alumna Zeltia e aos demais gañadores!
Esta é a segunda vez que unha alumna do IES de SAR gaña un premio neste concurso. Con anterioridade recibírao Mariña Casas.
Nesta edición participaron un total de 143 alumnos de Ensino Medio cun total de 365 fotografías.
O xurado decidiu outorgar os seguintes premios:
1º Premio, pola foto titulada “Espera na ventá“ de FRANCISCO FILGUEIRA FERREIRO da Escola de Imaxen e Son de Vigo (EISV).
2º Premio, pola foto “Aturuxos” de ZELTIA IGLESIAS RODRíGUEZ do IES do SAR de Santiago.
3º Premio, pola foto “Grandes los dos” de FLORENTINO BAZ da Escola de Imaxen e Son de Vigo (EISV).
Tamén se concederon diversos accésit e unha bolsa de estudos.
Neste enlace tedes máis información: CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XURXO LOBATO
Zeltia Iglesias Rodríguez |
A foto da nosa alumna Zeltia |
Ningún comentario:
Publicar un comentario