9 de abril de 2015

AS MINIATURAS DE HASAN KALE


O artista Hasan Kale segue a máxima de que "menos é máis". Este artista turco crea unhas impresionantes pinturas en miniatura sobre algúns "lenzos" moi pouco usuais -as ás dunha bolboreta, a cuncha dun caracol, un anaco de codia de limón ou un grao de café.
Desde principios da década de 1980, Kale crea estas pequenas obras de arte, cada unha das cales representa un fragmento da súa cidade natal: Estambul.
Kale usa o seu propio dedo como paleta para mesturar as pinturas. Posúe unha notable paciencia e unha man firme moi ben adestrada.
O artista utiliza un pincel moi fino para traballar incriblemente os pequenos detalles. Para percibilos, cómpre mirar as pinturas desde moi preto.












Ningún comentario: