22 de abril de 2015

MORREN GÜNTER GRASS E EDUARDO GALEANO


Europa e América perden dous dos seus grandes talentos literarios.

En Eduardo Galeano conviven o xornalismo, o ensaio e a narrativa, sendo por riba de todo un cronista do seu tempo, certeiro e valente, que retratou con agudeza a sociedade contemporánea, penetrando nas súas lacras e nos seus fantasmas cotiás. O xornalismo vertebra a súa obra de maneira prioritaria, de tal xeito que non é posible deslindar a súa labor literaria da súa faceta como xornalista comprometido.
Iniciouse no xornalismo aos catorce anos, no semanario socialista El Sol, no que publicaba debuxos e caricaturas políticas que asinaba como "Gius".
En 1973 exíliase na Arxentina, onde fundou a revista Crisis e en 1976 continuou o seu exilio en España. Voltou ao Uruguai en 1985. Desde ese ano reside  no seu Montevideo natal, onde segue a facer a súa literatura e xornalismo de marcados tintes políticos, ata este ano 2015, no que falece aos 74 anos.
Con Las Venas Abiertas de América Latina (1971) conseguiu a súa obra máis popular e citada, condenando a opresión dun continente en páxinas brutalmente esclarecedoras, que escaravellan na amargura crecente e endémica de América Latina. Esta obra ten sido traducida a dezaoito idiomas e mereceu múltiples eloxios desde diversos sectores. O escritor alemán Heinrich Böll, Premio Nobel de Literatura en 1972 e autor de Opinións dun payaso, obra clave da literatura contemporánea, chegou a expresar, a propósito da obra de Galeano, que poucas obras nos últimos tempos o tiñan conmovido tanto.


Gunter Wilhelm Grass naceu en Danzig (Alemaña) o 16 de outubro de 1927. Estudou arte en Berlín e en Düsseldorf e con posterioridade formou parte do Grupo 47, conxunto de intelectuais renovadores da literatura alemá. O seu primeiro gran trunfo como novelista chegou coa publicación de O tambor de folla de lata (1959). A historia de Oskar Matzerath, o neno que se nega a medrar como protesta contra as crueldades do pasado alemán, convertiuse nun tremendo éxito crítico e comercial en todo o mundo. Nos anos sesenta, Grass escribiría outras dúas novelas que, xunto coa anterior, forman a denominada triloxía de Danzig: O gato e o rato (1961) e Anos de can (1963). A súa literatura posterior inclúe títulos como O rodaballo (1977) ou as súas memorias Pelando a cebola (2007). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1999. Falece neste mes dos libros de 2015.

Ningún comentario: