Os papeis á auga, papeis marmorados ou marbled papers, son unha variedade de papeis tinxidos, decorados con formas que semellan vetas naturais do mármore e outras formas arbitrarias, obtidas colocando o papel sobre a pintura que se dispuxo sobre a superficie da auga nunha cubeta, espesada con agar-agar ou outro produto parecido. As pinturas utilizadas soían ser acuarela ou gouache e a auga espesábase ata facer unha xelatina para que a pintura non se disolvera, mantendo así as formas que se van obtendo ao depositalas na súa superficie, manipulándoas con punzóns, peites... O papel deposítase sobre esta superficie coloreada, previamente tratado con algún producto que lle proporciona mordente, facilitando a absorción uniforme da capa de cor: humectantes, fel de boi, óleo, trementina e outros productos.
O papel marmolado vén de Xapón. No século IX utilizábase o "suminagashi", papel decorado con axuda de tintas depositadas na auga. Servía de soporte á caligrafía, aos poemas e logo aos documentos oficiais.
De Asia pasa a Turquía, onde coñece un novo pulo. As cores fan a súa aparición. Son aínda frouxas pero variadas. O papel marmolado chega a Occidente no s. XVII: a Italia, Alemaña, Inglaterra e, grazas aos intercambios comerciais, instálase en toda Europa.
Existen diferentes técnicas para a fabricación do papel marmolado. A máis simple consiste en facer aboiar tintas con base de aceite sobre auga. A tradición di que esta técnica fora inventada no século XVII por Mace Ruette, encadernador oficial do rei Luís XVIII, ao querer obter papel que se parecera ao mármore de onde deriva o seu nome.
Nos séculos que seguiron, esta técnica de decoración foi moi popular en Europa e era considerada como unha arte complementaria á da encadernación.
Os alumnos/as de 2º Bach.de Artes experimentaron con esta técnica, e logo de probar distintas fórmulas, a máis exitosa foi a de pintura ao óleo con augarrás. Tamén probaron a da pintura acrílica con fel de boi, que sempre queda con menos carga a pintura. Os papeis usados foron cartolinas, papel basik, medias tintas, acuarela...
Estes papeis convertíronse en portada e contraportada de pequenas libretas de notas que se entregaron como agasallo para os centros participantes no Proxecto do Comenius Biodiversity of Rivers do IES de Sar 2013/15, que nesta ocasión chegaron de Chipre, Polonia, Romanía, Turquía, Portugal e Illa de Francia.
Nestes enlaces pódese ampliar a información
Art of the Marbler
Ebru Art @ American Islamic College
Artimañas blog: Papel al agua
4 comentarios:
Son preciosos, desde luego a los de 2º de Bachillerato se les daría bien el Scrapbooking. !A seguir trabajando!
Moi bonito todo o que fai os alumnos de bachiller de artes
Estas libretas son muy bonitas y creativas.
nunca me parara a mirar o blog da biblioteca,e ahora doume conta de que e moi interesante
Publicar un comentario