Trátase dun texto “moi contemporáneo”, segundo o xurado, que o defineu como un traballo “para pensar e sentir”, pola súa capacidade para “despertar as conciencias, sendo provocador e esperanzador á vez”.
Tamén destacou da obra gañadora a súa “perfecta simbiose entre texto e ilustración, que se complementan mutuamente e ofrecen múltiples lecturas”. De Ícaro valoraron igualmente que “non deixa indiferente a ninguén”, facendo “dubidar” aos lectores sobre “onde comeza a realidade e onde termina a fantasía”.
Desde o punto de vista artístico, consideraron que rende “homenaxe a dous grandes creadores: Franz Kafka e Edward Hopper”. A calidade plástica das ilustracións reflíctese, puntualizou o xurado, “nas atmosferas creadas que engaden profundidade e densidade á lectura”, con pistas que se apuntan en cada imaxe, abrindo “a posibilidade a novas interpretacións”.
A acollida e interese dos alumnos foi moi satisfactoria. Fixéronlle preguntas relacionadas coa temática e coa
técnica utilizada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario