A súa música poderosa, baseada nos
ritmos americanos do rock, do jazz, e mesmo nos latinoamericanos de rancheiras
e milongas, acompañados por unhas letras moi coidadas e unha posta en escena
chea de enerxía contaxiosa, fan que SÉS arrase por onde pasa.
SÉS é o nome do
último fenómeno musical dentro do panoramo musical galego. E ademais é un nome
de muller, María Xosé Silvar. Encántame esta frase dela: “Sempre digo a todo o
mundo que son muller e galega e que non teño a culpa. Simplemente tiven sorte”.
Coruñesa de
nacemento, comezou a súa andaina musical no 2007 creando, xunto con tres amigos, o grupo Chámalle Xis!, gañando ese mesmo ano o premio revelación no concurso
Coruña Sons. Gravou no 2001 o seu primeiro disco “Admirando a condición” e no
2013 o segundo, “Co xenio destrozado”, aínda máis cañeiro que o anterior. Sés é
unha bafarada de aire fresco no panorama musical galego. Recoméndovos a “Milonga de aquí” e déixovos o enlace do seu concerto en Radio 3. Que vos guste!
Ningún comentario:
Publicar un comentario