Cando Carmela me
convidou a escribir no blog da biblioteca sobre Majla Shami pensei... e esa quen
é? Pero díxenlle que si, por suposto, sempre se aprende algo novo. Así que botei man da Internet.
O primeiro que me
impactou foi esa foto marabillosa que aparece nunha das páxinas web, e que é
esta que adxunto para que a vós tamén vos entre, primeiro pola vista e logo, por
suposto, polo oído.
Comecei a ler sobre ela, interesante, unha compostelana medio
palestina e medio arxentina, vaia mixtura! Cantante, compositora, profesora de
música... Na súa música combina sons galegos con orientais, música portuguesa e
brasileira, algo de jazz e aires africanos... isto promete...
Por suposto, seguín vendo vídeos e descubrín unha versión da
“Negra sombra” moi persoal e orixinal e cunha posta en escena moi coidada na que
se destaca a presenza magnética da cantante. Tamén pertence ao seu traballo “Na
lingua que eu falo”, xunto con cinco cancións máis con letras de Rosalía. Recoméndovos
que vos mergulledes na internet e escoitedes a fermosa voz de Najla Shami. Hai
de todo, desde música tradicional galega ata pezas de Zeca Afonso. Paga a pena.
Ningún comentario:
Publicar un comentario