17 de xuño de 2014

LIBROS-OBXECTO POLO DÍA DO LIBRO

Na semana do día 23 de abril, os alumnos de 1º de Bacharelato de Artes (A e B) compartiron con toda a comunidade educativa os seus libros-obxecto.
Hoxe subímolos ao noso blog para compartilos con todos aqueles que pensan que os libros non só serven para ler, senón tamén para ver.

























11 de xuño de 2014

DÍA DO CIENTÍFICO GALEGO: HOMENAXE A LUÍS IGLESIAS


A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) organiza este ano a sétima edición do Día do Científico Galego, co que a comunidade científica galega quere homenaxear ás figuras máis sobranceiras da súa historia. Pretende, así, difundir a súa contribución para que a opinión pública poida percibir, a través dos exemplos máis destacados do pasado, o prestixio actual da investigación en Galicia e a necesidade de investir recursos nela para que o seu potencial sexa cada vez maior cara ao futuro.

Luís Iglesias Iglesias (Teis-Vigo,1895 – Pontevedra, 1976), comezou a carreira de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela por tradición familiar, pero sentiuse axiña fortemente atraído polas Ciencias Naturais, ás que finalmente orientou os seus estudos a pesar da oposición inicial do seu pai. Licenciouse en Ciencias Naturais en Madrid en 1917, e de volta en Santiago completou tamén a carreira de Medicina, aínda que só exercería como médico na guerra de Marrocos.

Mediante a súa Tese de Doutoramento, Iglesias foi o primeiro investigador en catalogar en España a familia de insectos coñecidos como curculiónidos. A súa enumeración consiste en 135 xéneros con 1117 especies destes insectos, moitos deles causantes de pragas moi perxudiciais para diferentes tipos de cultivos agrícolas. Isto fixo que Iglesias orientara despois a súa labor de investigación aplicada para controlar e erradicar estas e outras pragas.

Exerceu uns anos como profesor no Instituto de Segunda Enseñanza de Santiago, e despois acadaría a Cátedra de Bioloxía Xeral da Facultade de Ciencias de Santiago, que ocupou ata a súa xubilación.

Luís Iglesias dá nome ao Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela, a colección de patrimonio histórico-científico máis importante de Galicia, que ten previsto reabrir a súas portas na súa nova sede en datas moi próximas, coincidindo con esta celebración.




Por David Peña Rozas (1º Bach. Ciencias)

10 de xuño de 2014

RIÑA DE GATOS

Un inglés llamado Anthony Whitelands llega a bordo de un tren al Madrid convulso de la primavera de 1936. Deberá autenticar un cuadro desconocido, perteneciente a un amigo de José Antonio Primo de Rivera, cuyo valor económico puede resultar determinante para favorecer un cambio político crucial en la Historia de España. Turbulentos amores con mujeres de distintas clases sociales distraen al crítico de arte sin darle tiempo a calibrar cómo se van multiplicando sus perseguidores: policías, diplomáticos, políticos y espías, en una atmósfera de conspiración y de algarada.


Las excepcionales dotes narrativas de Eduardo Mendoza combinan a la perfección la gravedad de los sucesos narrados con la presencia, muy sutil, de su conocido sentido del humor, ya que toda tragedia es tambíen parte de la comedia humana.

Título: Riña de Gatos. Madrid 1936
Autor: Eduardo Mendoza
Premio Planeta 2010
Editorial: Planeta
Idioma: Castellano

8 de xuño de 2014

AS MALETAS DA MEMORIA


O fotógrafo Yuval Yari, hai seis anos, colleu os seus bártulos, a súa furgoneta Volkswagen e lanzouse a percorrer os camiños de Israel e Palestina, inmortalizando escenas cotiás e alegóricas coa súa cámara.

Logo, cada unha desas fotografías foi impresa sobre unha maleta e retratada de novo nunha paisaxe determinada. O resultado da experiencia é unha exposición chamada Maletas da Memoria.

1967 foi o ano da Guerra dos Seis Días. Co seu traballo, Yuval recupera os lembranzas compartidas pola xeración árabe-israelí marcada por esa contenda.
Memoria coa que Yuval pretende: 
“Recuperar as historias de israelís e palestinos, dous pobos que temos os nosos destinos aparcados na beirarrúa dalgunha estrada esquecida”.





3 de xuño de 2014

NAJLA SHAMI E A “LINGUA QUE EU FALO”


Cando Carmela me convidou a escribir no blog da biblioteca sobre Majla Shami pensei... e esa quen é? Pero díxenlle que si, por suposto, sempre se aprende algo novo. Así que botei man da Internet. 
O primeiro que me impactou foi esa foto marabillosa que aparece nunha das páxinas web, e que é esta que adxunto para que a vós tamén vos entre, primeiro pola vista e logo, por suposto, polo oído.

Comecei a ler sobre ela, interesante, unha compostelana medio palestina e medio arxentina, vaia mixtura! Cantante, compositora, profesora de música... Na súa música combina sons galegos con orientais, música portuguesa e brasileira, algo de jazz e aires africanos... isto promete...

Decidinme a escoitar unha canción e, como non, fun a youtube. Alí atopei “Camiño branco”, unha canción con letra de Rosalía que inclúe no seu traballo “A lingua que eu falo”. O son da sanza tocando un ostinato, de fondo uns sons árabes nunha frauta e os cantos dos paxaros. Bo ambiente, pensei. Sobre esta base xorde unha voz doce e agarimosa, pero con corpo, unha voz que te envolve e te leva desde o oriente das mil e unha noite ata as noites de Harlem. E todo sen desmerecer o fermoso traballo dos artistas do audiovisual, que fan un vídeo estupendo. Encantoume! Aquí volo deixo para que me contedes. 



Por suposto, seguín vendo vídeos e descubrín unha versión da “Negra sombra” moi persoal e orixinal e cunha posta en escena moi coidada na que se destaca a presenza magnética da cantante. Tamén pertence ao seu traballo “Na lingua que eu falo”, xunto con cinco cancións máis con letras de Rosalía. Recoméndovos que vos mergulledes na internet e escoitedes a fermosa voz de Najla Shami. Hai de todo, desde música tradicional galega ata pezas de Zeca Afonso. Paga a pena. 

SÉS

A súa música poderosa, baseada nos ritmos americanos do rock, do jazz, e mesmo nos latinoamericanos de rancheiras e milongas, acompañados por unhas letras moi coidadas e unha posta en escena chea de enerxía contaxiosa, fan que SÉS arrase por onde pasa.
SÉS é o nome do último fenómeno musical dentro do panoramo musical galego. E ademais é un nome de muller, María Xosé Silvar. Encántame esta frase dela: “Sempre digo a todo o mundo que son muller e galega e que non teño a culpa. Simplemente tiven sorte”.
Coruñesa de nacemento, comezou a súa andaina musical no 2007 creando, xunto con tres amigos, o grupo Chámalle Xis!, gañando ese mesmo ano o premio revelación no concurso Coruña Sons. Gravou no 2001 o seu primeiro disco “Admirando a condición” e no 2013 o segundo, “Co xenio destrozado”, aínda máis cañeiro que o anterior. Sés é unha bafarada de aire fresco no panorama musical galego. Recoméndovos a “Milonga de aquí” e déixovos o enlace do seu concerto en Radio 3. Que vos guste!