O pasado venres 4 de abril inaugurouse no CMUS, Conservatorio de música de Santiago de Compostela, a exposición "PLATERO Y YO".
A mostra presenta obras dos alumnos de 2º de Bacharelato de Artes do IES de Sar. Trátase de ilustracións interpretativas de diversos poemas do libro "Platero y yo" de Juan Ramón Jiménez, con gallo do primeiro centenario da súa publicación.
As técnicas empregadas nas mismas son múltiples, como acrílico, collage, falso gravado, témperas, acuarelas, lapis de cores, rotuladores, tintas, pasteis, etc.
A inauguración completouse con varios fragmentos do poemario, recitados por D. Miguel Farina, director, do CMUS, así como unhas pezas interpretadas á guitarra polo profesor D. José Manuel da Pena inspiradas tamén en "Platero y yo".
Cartel realizado por Sonia Alonso Castro, 2º Bach. de Artes IES de Sar |
PLATERO Y YO EN PDF |
Ningún comentario:
Publicar un comentario