Ilustración de Redmer Hoekstra |
Ilustración de Redmer Hoekstra |
En 1995 o Día do Libro convírtese nunha FESTA MUNDIAL. Este foi proposto pola Unión Internacional de Editores (UTE), e presentada polo goberno español á Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO). En 1995, aprobou proclamar o 23 de abril de cada ano o "Día Mundial do Libro e do Dereito do Autor".
"...Nosa finalidade está clara: alentar aos autores e artistas e velar por que a alfabetización e os formatos accesibles cheguen a máis mulleres e homes, porque os libros son as nosas ferramentas máis poderosas para erradicar a pobreza e construir a paz".Sra. Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO.
Esta organización nomeou Capital Mundial do Libro para 2014 á cidade de Port Harcourt (Nixeria) trala reunión dun comité de selección formado por representantes das tres principais asociacións profesionais relacionadas co libro.
Mafalda, personaxe de cómic creado polo arxentino Quino fai 50 anos, será o estandarte dos actos de celebración do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor da Unesco, que se celebrará o próximo día 23 de abril. A axencia da ONU para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) organizará para ese día "unha exposición sobre a famosa nena pacifista e contestataria" na súa sede de París, sinalou nun comunicado.
Mafalda por Quino |
Ningún comentario:
Publicar un comentario