3 de marzo de 2014

O MESTRE DEGAS

A Fundación Canal acolle, do 12 de febreiro ao 4 de maio en Madrid, unha mostra dedicada ao parisino Edgar Degas (1834–1917). Aínda que se coñece sobre todo polas súas pinturas de bailarinas, a montaxe que agora se presenta, con entrada de balde, inclúe unha escolla de debuxos que retratan a súa familia e amigos, fotografías, gravados e obras doutros artistas da época como Cézanne, Ingres, Moreau e Toulouse-Lautrec.
Considerado como un dos fundadores do Impresionismo, Degas  identificábase tamén co Realismo e, entre outros motivos, diferenciouse dos seus contemporáneos impresionistas pola súa preferencia polas imaxes urbanas, de luces artificiais, en lugar de tender a captar paisaxes con luz natural. No seu estilo queda patente a mestría do movemento e o predominio da liña sobre a cor, que se aprecia nas súas escenas de ballet, de cabalos, de espidos femininos ou nos seus retratos.

No IES de Sar, na materia Técnicas Gráfico Plásticas (2ºBach.), tívose de mestre a este pintor para aprender a técnica do pastel e os resultados foron moi satisfactorios, tendo en conta que a maioría dos alumnos usaban por primeira vez esta técnica.

























Ningún comentario: