Os alumnos/as de 1º da ESO do curso 2013/14, e tamén algúns do curso anterior, co seu entusiasmo e vitalidade, fixeron posible un ano máis a realización da exposición-concurso de caretas organizado pola Vicedirección e a Biblioteca.Aquí tedes o resultado do que aprenderon na materia de Educación Plástica e Visual. O material usado de base foi papel e cola ou vendas de xeso. Están pintadas coa técnica de témperas.
O Equipo de Dinamización Lingüística expuxo uns carteis onde se fai un percorrido polo Entroido en Galicia: máscaras e traxes.
|
1º Premio: Paula Noya Mourullo |
|
2º Premio:Mohamad Shakhasa Shakhasa |
|
3º Premio: Cristina López Iribarnegaray |
Ningún comentario:
Publicar un comentario