31 de marzo de 2014

NOVAS VISIÓNS DO GRECO


Este ano cúmprese o IV centenario da morte do Greco, polo que os alumnos de 2º de Bacharelato de Artes quixeron renderlle unha homenaxe moi persoal.
Cada alumno elixiu unha obra deste insigne artista para, posteriormente, reinterpretalo achegándolle a súa visión persoal. As obras inclúen técnicas moi diversas como o debuxo a grafito, colaxe, pasteis, lapis de cores, rotuladores, acuarela, tintas, acrílicos, etc.
Posteriormente o día 24 inaugurouse unha exposición con estes traballos na Biblioteca Anxel Casal de Santiago de Compostela, que durará ata o 4 de Abril

















28 de marzo de 2014

CONCURSO DE POEMAS OBXECTO E POESÍA VISUAL 2014

É o segundo ano que a Biblioteca e Vicedirección convocan este concurso polo Día 21 de marzo, día declarado pola Unesco da Poesía.
Tamén mantemos a colaboración coa profesora de inglés da Escola Oficial de Idiomas Ana Mª Losada Pérez que cos seus alumnos/as comentarán en inglés os poemas obxecto e poemas visuais.
Con estas iniciativas intentamos fomentar no alumnado a creatividade e a relación entre as distintas disciplinas.

































24 de marzo de 2014

CURSO "A PAISAXE" POR XOTI DE LUIS

O Departamento de Xuventude do Concello de Santiago de Compostela, en colaboración co departamento de Debuxo do IES de Sar, organiza todos os anos un curso de formación para o alumnado de Artes. Neste curso foi sobre a paisaxe.

Os destinatarios do mesmo foron alumnos de 1º e 2º de Bacharelato de Artes cunha duración de 30 horas.
O obradoiro comezou o 14 de outubro e rematou o 24 de novembro.

Parte dos alumnos participantes no obradoiro
Tivo un carácter práctico, e tomando como fío condutor o motivo das paisaxes, déronse a coñecer diversas técnicas do debuxo e pintura. Partindo de paisaxes de Braque e de Van Gogh, traballaron o enfoque, a composición, e a estrutura e desestruturación da paisaxe na pintura abstracta. Ademais víronse diferentes interpretacións da paisaxe a través dos cadros de artistas recoñecidos.

O dirección do curso correu a cargo do recoñecido artista  Xoti de Luis, con obra  presente en numerosos museos e importantes coleccións:  Museo Carlos Maside, Museo del Arte Moderno (León), Museo Bello Piñeiro (Ferrol), Espacio Grasslin - Nantes, Coleccións de CaixaNova, CaixaGalicia, Banesto, Banco Exterior de España, Concello de A Coruña, Cambre, Ferrol, Pazo Raxoi, Museo de Arte Deportivo, etc.

Ao remate do curso entregouse un diploma acreditativo expedido polo Concello de Santiago de Compostela.
A exposición dos traballos inagurouse o 13 de Marzo no Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche, e poderá ser visitada ata o 31 de Marzo.















Artigo de La Voz de Galicia do Venres 18 de Outubro.
Artigo de La Voz de Galicia do Xoves 13 de Marzo.