Unha libraría é un lugar de encontro. Cos libros, cos seus autores, con nós mesmos. Cada libraría, cada biblioteca busca o seu lector, os seus lectores.
A biblioteca do IES de Sar tamén abre as súas portas para ofrecerche ese diálogo coa palabra que nos fai mellores persoas e nos ensina a comprender doutro xeito, a ver dunha maneira diferente, a desandar a vida ou a ficción na que outros viviron antes e decidiron deixar a porta entornada para que ti sintas a necesidade e a curiosidade de entrar.
Os libros son portas entornadas.
Achégate sen medo e descubre o seu interior.
De seguro que cada un de vós ten a súa libraría favorita, mais estas son algunhas das librarías máis fermosas do mundo. Esas que reclaman a nosa atención dun xeito tentador.
Beleza e lectura son pólas dunha mesma árbore: a necesidade de coñecer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario