Durante o día 27 de outubro estiveron chegando os alumn@s e profesor@s dos centros visitantes sendo recibidos polas familias do alumnado correspondente e por profesores e profesoras que colaboran neste proxecto do noso centro.
Ás nove da mañá do día 28 comezou a recepción no salón de actos, onde tivo lugar o acto de apertura da reunión coa participación do Director de Innovación Educativa e Formación Profesional, D. Manual Corredoiras, A Inspectora do Centro e a directora do IES de SAR.
Nesta foto amósase o saúdo de benvida ás escolas europeas socias por parte do alumnado participante xunto con algúns dos profesores do IES de SAR implicados no proxecto.
Acto seguido e tras un breve pero maravilloso agasallo musical de música tradicional galega interpretada coa gaita e pandereta por dous alumn@s da ESO, procedeuse á sesión de exposicións das diferentes presentacións relacionadas todas eles coa biodiversidade presente nos ríos, con especial mención á fauna e flora a nivel macroscópico, destacando a gran calidade dos traballos realizados dos diferentes países. De seguido, os profesoras e profesoras participantes na reunión avaliaron as tarefas realizadas e planificaron as vindeiras reunións en Portugal e Illa Reunión. Despois do xantar nun restaurante de sona ben gañada en especialidades culinarias galegas no casco antigo da cidade, os profesores e profesoras disfrutamosdun paseo polo lo centro da zona monumental que rodea á catedral, mentres que o alumnado practicou actividades deportivas nas instalacións do centro.
O día vinte e nove adicouse a realizar unha excursión guiada á xoia do bosque atlántico caducifolio remanente en Europa, as Fragas do Eume. A paisaxe espectacular desta foresta amosa perfectamente como en ningún outro sitio de Galicia os tres estratos de vexetación dos ríos, o arbóreo, os xuncos e plantas da ribeira, e as plantas acuáticas e do leito do río. Entre a enorme biodiversidade de especies destacan especialmente varias especies de fentos relictos de máis de dous millóns de anos de antigüidade como Davallia canariensis, Culcita macrocarpa e Wodwardia radicans.
A escalada rematounomosteiro románico de Santa Cruzdo século XII, hoxe perfectamente restaurado.
O día completouse cunha excelente comida na centro de Formación Profesional con ciclo de Hostelería de Pontedeume e coa visita ao castelo de Santa Cruz en Oleiros, construído no século XVI para defender a cidade da Coruña do corsario Francis Drake.
O terceiro día fíxoso a segunda das excursións programadas, neste caso ao espectacular Parque Natural de Corrubedo, un dos mellores complexos intermareais de Galicia, counha gran duna, dúas lagoas e zonas de marismas, e a zona boscosa colindante con predominio de piñeiro marítimo. Pola mañá, despois de visitar o centro de recepción de visitantes poidemos ver un magnífico documental con información sobre a orixe das Rías e a súa biodiversidade, asi como sobre o entorno físico e a etnografía da área de Corrubedo. De seguido, e atravesando o bosque de Pinus pinaster observamos unha mámoa celta na mesma praia do Vilar para finalmente acceder á lagoa de Vixán, con auga doce aportada polo río amendo. Nesta foto pódese ver a lagoa de Vixán e ao fondo o pobo de Corrubedo.

O xantar do mediodía resultou ser unha maravillosa experiencia degustando empanada galega en tres especialidades, tortilla de pataca e outras lindezas da nosa gastronomía e todo baixo a sombra dos piñeiros, o que facilitou unha sobremesa e convivencia moi enriquecedora. Aproveitando as boas condicións climatolóxicas, pola tarde achegámonos ata as inmediacións da gran duna existente no parque e á lagoa de Carregal, xa con augas salobres, que nos amosou en marea baixa unha estampa de paraíso co océano Atlántico na lonxanía da ancha praia. Polas verbas dos estudantes e profesor@s estranxeiros estas imaxes quedarán no recordo como paraje fermoso a volver a visitar.
Pola noite, no restaurante Monte da Condesa celebrouse a cea-festival de despedida na que se entregaron os certificados a todos os participantes nestes días de confraternización e traballo do proxecto. Foron uns momentos felices nos que, entre uns pasos de baile e sorteo de agasallos, se poideron afondar os lazos de amizade entre todos os concurrentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario