O magosto tradicional enténdese como unha merenda-cea do mes de novembro, nos días próximos ao día de Defuntos ou polo San Martiño. Esta festa ten moito arraigo en Ourense.
O castiñeiro foi tan importante, que se chamou "a árbore do pan", pero no s. XVII foi substituído o consumo dos seus froitos pola pataca, que veu de América.
Na nosa gastronomía temos unha grande variedade de receitas nas que a castaña é un ingrediente básico: con carnes, con sobremesas. Lembramos algunha: a torta de castañas, a mousse de castañas ou o marrón glacé.
Para saber máis preme aquí.
Os/as alumnos/as de 2º de Bach. de Técnicas Gráfico Plásticas interpretaron a castaña e algúns tipos de folla nas técnicas de lapis de grafito, lapis acuarelable ou, máis libre, recreando esas formas coas técnicas de rotuladores, acuarela, collage...
Ningún comentario:
Publicar un comentario