ARCOmadrid 2014 é unha Feira onde comparten espazo tanto profesionais da arte contemporánea como afeccionados e público en xeral con iniciativas adecuadas aos seus intereses. Nas dúas primeiras xornadas -19 e 20 de febreiro-, dedicadas aos coleccionistas, comisarios, directores de museos, bienais e centros de arte, a Feira é o mellor punto de encontro e espazo para o intercambio de proxectos.
A nova sede, cos seus 2.800 m², acollerá a 43 galerías de arte contemporánea, arte emerxente e vangardas históricas, que se repartirán entre o Programa Xeral e One Project.
O programa de Novos Coleccionistas seleccionará, entre outras actividades, pezas de prezos económicos que estarán sinaladas cun distintivo.
As redes sociais terán un papel fundamental grazas a bloggers e ás accións 2.0, proporcionando unha nova dimensión respecto da relación do público coa arte.
Quinta edición da Feira de Arte Emerxente JUSTMAD5, que se celebrará do 19 ao 23 de febreiro de 2014. Sede COAM. R/Hortaleza,63.
Esta nova edición de JUSTMAD5 suporá un cambio de estratexia respecto a edicións anteriores: será una feira máis arriscada e experimental, dedicada por completo á arte emerxente nacional e internacional, ao up & coming,pero tamén á arte que se está consolidando agora mesmo, que oferte un panorama de galerías e artistas representativos da creación actual e dos novos xeitos nos que opera a arte, buscando un compromiso radical coa excelencia nos camiños estéticos e conceptuais que marcan a realidade da arte contemporánea hoxe.

Ningún comentario:
Publicar un comentario