O martes 9 de abril visitounos esta polifacética muller nada na Coruña en 1981 para impartir unha conferencia aos alumn@s de 2º de artes.
Ela cursou primeiro estudos de Produción Audiovisual na Escola de Imaxe e Son da cidade; á vez fai a carteleria de "Salmonela Teatro" e traballa esporádicamente en Gallaecia Comunicación. Entra na Escola de Artes Pablo Picasso da Coruña para facer Ilustración. Logo na escola Goymar da cidade estuda estilismo e coordinación de moda que lle levou a serigrafía téxtil facendo un curso de impresión dixital no centro Isaac Díaz Pardo e despois no Saint Martius School of London.
Entre outras cousas traballou como diseñadora gráfica en Caramelo. Leva a liña gráfica da pastelería "Praliné".
Acaba de ilustrar o seu primeiro libro cunha recén creada editorial chamada Bulubú. Imparteu talleres de debuxo para nenos (librería Cascanueces) e agora para adultos.
Na actualidade traballa como freelance no sector téxtil para Nanos ou Petritas moda. E está como colaboradora no espacio interdisciplinar "No Importa" da Coruña.
A súa visita foi un éxito e os alumn@s aclararon moitas dúbidas ao ter unha formación tan variada.
Dende aquí agradecémoslle o seu tempo e dedicación desinteresada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario