Ilustración de Irma Gruenhotz |
As agresións e asasinatos
de mulleres aparecen a diario nos nosos xornais, son tan cotiáns que empezan a
asumirse como algo inevitable. Pero non hai nada de inevitable na violencia de
xénero, e o certo é que non se está a facer todo o posible para combatela.
Por que o
25 de Novembro?
O 25 de novembro
foi declarado día internacional contra a Violencia cara á muller no Primeiro
Encontro Feminista de Latinoamérica e do Caribe celebrado en Bogotá (Colombia)
en Xullo de 1981.
Neste
encontro as mulleres denunciaron a violencia de xénero en todos os ámbitos da
sociedade, os malos tratos e os asasinatos no fogar, as violacións, o acoso
sexual, e a violencia en xeral cara ás mulleres, incluídas a tortura e os
abusos sufridos por prisioneiras políticas. Elixiuse este día para non esquecer
o asasinato das irmás Mirabal, tres activistas asasinadas en 1960 a mans da
policía secreta do ditador Trujillo, na República Dominicana.
En 1999, a
ONU deu carácter oficial a esta data
CAMPAÑA DO LAZO BRANCO: Comprometendo aos Homes para
poñer fin á Violencia cara ás Mulleres
Este ano o
lazo representativo desta data, tradicionalmente de cor morada, pasa a ser da
cor da paz, branca. Adóptase como símbolo, e representa o compromiso público
dos homes que o portan de non exercer violencia contra as mulleres, non
permitir que outros o fagan, e non permanecer en silencio fronte ao problema.
Pero levar o lazo branco non significa un acto de culpabilización cara aos varóns, nin un certificado de calidade que presentase ao que o leva como un gran tipo. Nin se leva para sair na foto. Levalo significa aceptar ese compromiso persoal de non cometer, permitir, nin silenciar a violencia contra as mulleres.
(Textos completos no enlace RECURSOS para traballar co alumnado deste mesmo blog)
(Información recollida de diferentes fontes, especialmente de http://www.granada.org/inet/wmujer.nsf/campana?openpage)
(Textos completos no enlace RECURSOS para traballar co alumnado deste mesmo blog)
(Información recollida de diferentes fontes, especialmente de http://www.granada.org/inet/wmujer.nsf/campana?openpage)
Ningún comentario:
Publicar un comentario