O artista crea retratos femininos cheos de cor, acción e emoción. Walker ten a súa base en Londres e pertence ao Scrawl Collective. Mostrou a súa arte internacionalmente, en muros, portas, lenzos e outras superficies nas que utiliza unicamente spray. En canto aos modelos que utiliza, gústalle que sexan caras descoñecidas para el e que esas persoas non saiban que están a ser pintadas. Por iso emprega vellas revistas, anuncios publicitarios, páxinas de internet... O feito de que sexan persoas anónimas, fai tamén que os espectadores esculquen e creen as súas propias historias sobre as mozas retratadas.
A fama dos seus graffitis transcendeu fóra do Reino Unido, mostrando as súas obras en Berlín, Hong Kong, Lisboa, Londres, Nova York e París, entre outros países, sendo expostas xunto ás de grandes artistas da pintura urbana.
Enlaces:
David Wallter enTwitterDavid Wallter en Flickr
David Wallter en Facebook
David Wallter en Creativity Fuse
David Wallter en OMG Shots
David Wallter en Trend Hunter
David Wallter en Culturazzi
David Wallter en Nastplas
David Wallter en Trianarts
Ningún comentario:
Publicar un comentario