Este libro recolle dende a primeira á última tira: máis de cincocentas páxinas con todas as tiras de Mafalda publicadas desde que naceu en 1964 ata a súa despedida, por cansazo de Quino, en 1973, onde podemos deleitarnos cos comentarios e ocorrencias desta nena precoz de 6 anos que reflicten as inquedanzas sociais e políticas dos anos 60, ou seus odios, entre os que se atopan a guerra, o racismo ou a inxustiza. Tamén as súas paixóns: os Beatles, a paz, os dereitos humanos e a democracia. Xunto a Mafalda, como pezas dun engrenaxe perfecto e con personalidades moi definidas, aparecen os seus inseparables compañeiros: Felipe: soñador, tímido, preguiceiro e despistado; Manolito: bruto, ambicioso e materialista, pero no fondo cun gran corazón ; Susanita: rexoubeira, con prexuízos, egoísta sen concesións e pelexadora de vocación; Miguelito: soñador como Felipe, aínda que algo máis egoísta e menos tímido e o seu irmán pequeño, Guille: típico representante da idade da inocencia, na que todo está por descubrirse. En 1970 incorporarase á tira un novo personaxe chamado "Libertad": unha meniña moi pequena no tamaño, clara metáfora do nome que leva, e cuns discursos cargados de retórica social.
Ningún comentario:
Publicar un comentario