¿Sónache esta melodía?
Ademais de ser a banda sonora da película "Apocalipse Now" e de múltiples spots publicitarios, é "a cabalgata das valquirias" da ópera "A Valquiria" de Wagner .
A ver se coñeces esta outra:
Pois tamén aparece noutra ópera: Lohengrin.
Preme neste enlace:
http://www.turgalicia.es/imaxes/mdaw/mdm1/~edisp/~extract/TURGA035815~1~staticrendition/tg_carrusel_cabecera_grande.jpg
É o Auditorio de Galicia visto desde o escenario. É un teatro sen palcos que apaga as luces das butacas e pecha as portas cando empeza a representación. É un invento de Wagner. Antes, a xente iba á ópera para pechar negocios, encontrarse cos amantes, criticar os outros asistentes... e era do máis normal falar, comer, pedir bises e tirar tomates.
Wagner fixo construír un espazo onde as butacas eran incómodas, para impedir que o público quedase durmido, e as portas se pechaban con chave, para que ninguén puidese escapar. Non había máis remedio que atender á música, e para colmo as súas óperas duraban varias horas...
Esta palabra é xa parte do noso léxico: Leitmotiv
Pois tamén a inventou Wagner para referirse a melodías que aparecían unha e outra vez nas súas óperas asociadas a personaxes ou ideas. Velaí tes un leitmotiv coñecido que representa a seguinte idea: que veñen os malos!!
Este tema non é de Wagner, claro, senón de John Williams. Star Wars está cheo de Leitmotiv.
Se queres máis Wagner, isto é o que temos na biblioteca:
Colección de CDs de música clásica El País:
- nº 49 "Oberturas, fragmentos, escenas"
- nº 50 "Wagner e Venezia"
A película "Ludwig", de Luchino Visconti, narra a vida de Luis II de Baviera, mecenas de Wagner.
Tamén che recomendo que leas no marabilloso libro de Cunqueiro "Os outros feirantes" a historia de Tristán García , mozo que soña con casar cunha moza chamda Isolda, como na ópera de Wagner, "Tristán e Isolda"
1 comentario:
Encantoume esta entrada. É didáctica e ao mesmo tempo divertida. Parabéns
Publicar un comentario