Feliz descanso e disfrutade do verán.
Agradecemos a vosa colaboración ao longo de todo o curso.
Blog sobre literatura, libros, películas e actividades da Biblioteca do I.E.S. de Sar en Santiago de Compostela. En galego, castelán, inglés e francés.
Os profesionais do cómic escolleron en votación aos gañadores dos premios da XXXI Salón Internacional do Cómic de Barcelona.
"Ardalén"de Miguel Anxo Prado resultou gañadora e, en palabras do propio autor,é "unha historia en torno á memoria persoal. A memoria como esencia da nosa existencia,da percepción da nosa propia vida,da nosa identidade. Pode sonar filosófico pero,ao final,se trata dun puñado de seres humáns que se axudan e se fan dano uns a outros,algúns chegan a quererse e todos aférranse aos seus recordos para evitar o naufraxio".
Aproveitamos esta ocasión para dalas grazas a nosa Anpa pola súa colaboración coa Biblioteca e tamén con outras actividades do centro neste ano e pasados. Sempre foi moi receptiva a todas as propostas. Sabemos do seu esforzo porque é unha Anpa pequena,pero menos pode ser máis ben administrado.

Colección de CDs de música clásica El País:
- nº 49 "Oberturas, fragmentos, escenas"
- nº 50 "Wagner e Venezia"
A película "Ludwig", de Luchino Visconti, narra a vida de Luis II de Baviera, mecenas de Wagner.
Tamén che recomendo que leas no marabilloso libro de Cunqueiro "Os outros feirantes" a historia de Tristán García , mozo que soña con casar cunha moza chamda Isolda, como na ópera de Wagner, "Tristán e Isolda"