Autora: Teresa Calo Fontán
Editorial: Xerais
Idioma: Galego
Páxinas: 57
Marta, unha rapaza de case 17 anos, lembra os últimos meses da súa vida diante do espello. Para ela foi todo un alivio deixar de oír a xente facerlle preguntas, deixar de oír consellos, deixar de oír chorar a súa nai. Mais para Marta foi, sobre todo, un alivio non ter que comer e non ter que facer como que comía, e non ter que vomitar o que comeu para disimular diante da súa familia. O seu desexo é verse reflectida no espello tal como era.
Marta ante o espello é un monólogo teatral que aborda con crudeza, non exenta de doses de ironía, a difícil situación que viven as rapazas que padecen anorexia ou bulimia, doenzas que poden chegar a provocar a perda do control das súas vidas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario