29 de xaneiro de 2013

DÍA MUNDIAL DA PAZ


Autor: Maysun Cheikh Ali.
Título: Mon Amour. Historias de Muros. Primer premio en Lúmen_Ex 2010

17 de xaneiro de 2013

DÍA DA PAZ (30 de Xaneiro)

Ilustración de Chiara Ferchini

CONCURSO DE POESÍA E DE LETRAS DE CANCIÓNS (rap, pop…)

  • Categorías: Bach, ESO e PCPI.
  • Temática: desexo de paz, ausencia de paz,… no cotián, no instituto, no teu entorno, no mundo. 
  • Entrega en formato dixital (Word / MP3) por correo electrónico a librotksar@gmail.com, especificando  nome, apelidos  e curso do autor.
  • Data límite: luns 28 de xaneiro ás 14:30h

Os traballos leranse ou cantaranse na biblioteca durante os recreos do día 30

Esculturas e libros


Nicholas Jones, escultor fincado en Melbourne, utiliza libros esquecidos e papel impreso para facer obras que cuestionan o xeito en que os libros son "lidos".

Os libros son recipientes destinados a conter a expresión persoal e venéranse como fonte de coñecemento razoado. O feito de encartar e coser as súas follas, transfórmaos en poemas obxecto.




14 de xaneiro de 2013

PALABRAS de Kai Pannen

Kai Pannen é un ilustrador de Hamburgo. Traballa dende fai moitos anos para diversas editoriais e axencias de publicidade e animación. Ten unha amplia gama de estilos e técnicas. Aquí tedes uns exemplos do seu traballo titulado Palabras.





11 de xaneiro de 2013

Marta ante o espello

Autora: Teresa Calo Fontán
Editorial: Xerais
Idioma: Galego
Páxinas: 57

Marta, unha rapaza de case 17 anos, lembra os últimos meses da súa vida diante do espello. Para ela foi todo un alivio deixar de oír a xente facerlle preguntas, deixar de oír consellos, deixar de oír chorar a súa nai. Mais para Marta foi, sobre todo, un alivio non ter que comer e non ter que facer como que comía, e non ter que vomitar o que comeu para disimular diante da súa familia. O seu desexo é verse reflectida no espello tal como era.
Marta ante o espello é un monólogo teatral que aborda con crudeza, non exenta de doses de ironía, a difícil situación que viven as rapazas que padecen anorexia ou bulimia, doenzas que poden chegar a provocar a perda do control das súas vidas.

8 de xaneiro de 2013

O xogo dos libros


Librería Books Type. Queen Street West. Toronto (Ontario)
Música: Grayson
Editor e Director da fotográfica Sean Ohlenkamp