27 de setembro de 2019

BENVIDOS Á VOSA CASA

Imagen relacionadaImagen relacionada
Imaxes de Quint Buchholz

Un novo curso, a Biblioteca do IES de Sar abre as súas portas co convencemento de que entre estas catro paredes enraíza parte do mellor futuro dos nosos alumnos.
Ao pé de Belvís e Mazarelos, a nosa biblioteca érguese como un gran faro de luz e saber. Dende as nosas cristaleiras albíscase ese futuro que cada un dos nosos alumnos tenta ler aí fóra, onde os libros beben, onde os libros enchen as súas alforxas de experiencias únicas e transferibles que chegan a nós coa morna inxección do coñecemento, coa solidaria empatía da lección lenta, repousada, enriquecedora.
Libros de literatura, de arte, de filosofía, cómic. Libros de palabras que esperan por ti. Libros de imaxes que te ven desoutro lado. Libros que te buscan, nos que podes recoñecerte aínda que ti de momento non o saibas.
Abrir un libro é como entrar nunha casa baleira, decoñecida, chea de recantos acolledores.
Nas túas mans está deixarte acoller por esas casas.
O equipo que coordina a Biblioteca do IES do Sar traballa para que este faro, dende o que poden verse todas esas casas cheas de sorpresas, sexa acolledor.
Para que este faro guíe o teu camiño de estudante e o sintas como propio.
Esperámoste.