19 de decembro de 2016

PREMIO LITERARIO PARA DAVID ESPARÍS GARCÍA

Compartimos a ledicia de saber que o noso alumno de 4º da ESO vén de recibir o 1º premio na cuarta edición do Concurso de Relatos de Terror que convoca a Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela.
Cando recibiu o premio estivo acompañado dalgúns dos seus compañeiros de clase e no acto de entrega a súa profesora de Lingua e Literatura Galega, Ana Castiñeiras, fixo lectura do seu relato, que compartiremos con vós á volta das vacacións de Nadal.
Estas son algunhas das fotos que dan testemuña dun día inesquecible para el.